As paisaxes de Plácido Castro: Debuxos e acuarelas dos seus paraísos e desterros

Grazas á iniciativa da Fundación Plácido Castro, e en colaboración coa Concellería de Ensino, Cultura e Patrimonio de Cambados, o EsPazo Torrado expoñerá unha selección de máis de 60 acuarelas e debuxos orixinais de Plácido Castro, o polifacético intelectual símbolo da universalidade do nacionalismo galego, (Corcubión, 1902- Cambados, 1967) Lugares como Corcubión, San Sebastián, a […]

O filósofo e escritor Antón Baamonde, protagonista da XXV Conferencia Anual Plácido Castro

A vixésimo quinta Conferencia Anual Plácido Castro terá lugar o xoves 25 de xaneiro en Catoira ás 20,00 horas, na Sala Celso Emilio Ferreiro, do Edificio Multiusos de Catoira, o mesmo edificio do Concello. Nesta ocasión, será impartida polo filósofo e escritor Antón Baamonde, un dos mais lúcidos pensadores da Galicia contemporánea. Colaborador habitual en […]

A 95 anos de “La Saudade y el Arte en los pueblos célticos”

Ao se cumpriren 95 anos da publicación de “La Saudade y el Arte en los pueblos célticos”, dende a Fundación Plácido Castro queremos recuperar este texto que no seu día representou un importante contributo para a definición dos contornos da identidade galega. O estudo introdutorio elaborado por Antón Capelán Rei axuda a contextualizar o conxunto […]

Discurso de Eva Almazán ao recibir o Premio Plácido Castro de Tradución

Quero empezar dándolle os parabéns ó profesor Parada por este premio tan merecido. Como xa sabe, para min é unha honra compartilo con el. Tamén quero darlles as grazas, como non pode ser doutra forma, á Fundación Plácido Castro polo seu labor clave en prol da tradución literaria, á vila de Corcubión por acollernos neste […]

A nación galega de Plácido Castro, por Xulio Ríos

“Calquera que sexa o réxime político en que Galicia viva, a nosa Terra, autónoma ou non, está xa proclamada moralmente como unha nación”, escribía Plácido Castro en El Pueblo Gallego o 10 de outubro de 1933 ao comentar a relevancia da súa participación no IX Congreso de Nacionalidades Europeas (CNE), celebrado entre o 16 e […]

“A miña aprendizaxe da lingua acadia sempre tivo por norte a tradución do Código de Hammurabi”, entrevista a Xosé Antón Parada Fernández

Xosé Antón Parada Fernández foi recoñecido na XXIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Código de Hammurabi e outras compilacións legais de procedencia babilónica. Conversamos con el sobre os labirintos da súa tradución. 1.- Que te levou a traducir esta obra? A historia desta tradución comezou aló polos anos 1973 do século […]

“Na tradución literaria galega existe plena normalización”, entrevista con Eva Almazán

Eva Almazán gañou o Premio Plácido Castro de Tradución 2022 pola obra O ano do pensamento máxico/The Year of Magical Thinking, de Joan Didion. Nesta breve entrevista reflexiona sobre as dificultades do seu labor, os pormenores do oficio e a situación da tradución en Galicia. Que te levou a traducir esta obra? Foi unha encarga […]

Eva Almazán e Xosé Antón Parada Fernández, gañadores do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésimo primeira edición

As obras premiadas son unha tradución da obra The Year of Magical Thinking, de Joan Didion e o clásico Código de Hammurabi, obra fundamental na historia da humanidade Reuniuse o 7 de setembro en Cambados o xurado da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución, integrado por D.ª Ánxela Gracián (Xunta de Galicia), Dª. […]

A red, red rose, por Anxo Angueira

Non é a rosa de Yeats, a que invocou con xenio Manuel Rivas. Non é a célebre de Gertrude Stein, que ela mesma quixo tamén vermella. Esta rosa arrecende ás alboradas de abril, naceu na roseira do resío e é encarnada até de orballo. É a dun poeta anterior, a dun poeta das cancións do […]

Desagravio, por Xulio Ríos

A  especie de “amnistía tardía” outorgada a Plácido Castro a través da declaración de recoñecemento e reparación persoal expedida recentemente polo ministro Félix Bolaños ao abeiro da normativa sobre memoria democrática, ten un gran simbolismo pero tamén un importante significado político. Deslexitimar aqueles tribunais especiais instituídos pola ditadura e declarar ilegais todas e cada unha […]