Noticias

Eva Almazán e Xosé Antón Parada Fernández, gañadores do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésimo primeira edición

As obras premiadas son unha tradución da obra The Year of Magical Thinking, de Joan Didion e o clásico Código de Hammurabi, obra fundamental na historia da humanidade Reuniuse o 7 de setembro en Cambados o xurado da XXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución, integrado por D.ª Ánxela Gracián (Xunta de Galicia), Dª. […]

A red, red rose, por Anxo Angueira

Non é a rosa de Yeats, a que invocou con xenio Manuel Rivas. Non é a célebre de Gertrude Stein, que ela mesma quixo tamén vermella. Esta rosa arrecende ás alboradas de abril, naceu na roseira do resío e é encarnada até de orballo. É a dun poeta anterior, a dun poeta das cancións do […]

Desagravio, por Xulio Ríos

A  especie de “amnistía tardía” outorgada a Plácido Castro a través da declaración de recoñecemento e reparación persoal expedida recentemente polo ministro Félix Bolaños ao abeiro da normativa sobre memoria democrática, ten un gran simbolismo pero tamén un importante significado político. Deslexitimar aqueles tribunais especiais instituídos pola ditadura e declarar ilegais todas e cada unha […]

Plácido Castro, por fin, rehabilitado

O Ministro de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Félix Bolaños, ven de ditar unha resolución pola que se declara “ilegal e ilexítimo” o tribunal que xulgou a Plácido Castro , declarando igualmente “ilexítima e nula” a condena que lle fora imposta en 1940 polo Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas, segundo sentencia 13/940: 15 […]

Máis Irlanda na axenda da Fundación Plácido Castro

O Instituto Universitario de Investigación de Estudos Irlandeses, Amergin (UDC) e a Fundación Plácido Castro asinaron en Cambados un protocolo de colaboración co propósito de concretar entre ambas as dúas entidades unha axenda que contemple a realización de actividades de estudo e sensibilización arredor da relación Irlanda-Galicia tanto na perspectiva histórica como contemporánea, tanto no […]

Plácido Castro, o home que logrou o recoñecemento de Galiza como nación, por Manuel Xestoso

Xulio Ríos e Susi Castro veñen de publicar o volume Plácido Castro. Nós mesmos no mundo, que busca deitar luz sobre a obra dunha das personalidades máis orixinais e fascinantes do nacionalismo galego do século XX. Se cadra, a figura de Plácido Castro é unha das menos recoñecidas do nacionalismo histórico. Talvez por ser unha […]

Nós mesmos no Mundo, por Daniel González Palau

Veño de ler a biografía de “Plácido Castro. Nós mesmos no mundo” (S. Castro, X. Ríos 2022) publicada o ano pasado pola Fundación que leva o seu nome, que Preside con dedicación e sensibilidade Susi Castro e que coordina e multiplica Xulio Ríos desde o 2001. A Fundación, un dos proxectos basais do IGADI (pensen o […]