Noticias

Plácido Castro. Nós mesmos no mundo

Rehabilitar a Plácido Castro, por Xosé Castro Ratón

Plácido Ramón Castro del Río, relevante galeguista, mediador teimudo a prol da identidade galega no mundo, xornalista resistente na diáspora dunha emigración forzada, tradutor literario eximio e sosegado profesor de ensino medio que impartiu aulas de inglés, ata a súa xubilación, no antigo instituto vilagarciá, realizando aquí, entre nós, un labor  pedagóxico que, foi posíbel […]

Don Paco, Robert Burns e Don Plácido, por Xulio Ríos

Houbo unha moi longa relación entre Francisco Fernández del Riego, a quen este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas, e Plácido Castro. Cimentada nunha compartida militancia galeguista desenvolvida en anos de tantas esperanzas arredor da reivindicación do autogoberno para Galicia, acabou desembocando mesmo nunha complicidade persoal e familiar que elevaron espiritualmente o […]

Plácido Castro: dúas reparacións necesarias, por Xulio Ríos

O recoñecemento de quen padeceu persecución -como é o caso de Plácido Castro- polas súas conviccións democráticas é unha satisfacción primeiro que nada moral e que non debe infravalorarse, por mais que se trate dun procedemento, dirán algúns, meramente declarativo. Plácido Castro foi condenado o 14 de xaneiro de 1940 polo Tribunal de Responsabilidades Políticas […]

Xavier R. Madriñán e Irlanda, protagonistas da XXIV Conferencia Anual Plácido Castro

A vixésimo cuarta Conferencia Anual Plácido Castro terá lugar o mércores 25 de xaneiro en Oleiros ás 20,00 horas, no Centro Cultural de A Fábrica en Perillo. Nesta ocasión, será impartida polo historiador Xavier R. Madriñán, catedrático de Xeografía e Historia e doutor en Ciencias Políticas. Foi xefe de redacción da revista Encrucillada (1989-1999) e director da […]

Plácido Castro. Nós mesmos no mundo

Plácido Castro: Nós mesmos no Mundo, por Xosé Estévez, historiador

Este é o título, ben axeitado, dunha excelente biografía do Plácido Castro del Río (Corcubión,1902-Vilagarcía de Arousa, 1967), escrita pola súa filla Susi e o politólogo Xulio Ríos, impulsores da Fundación homónima, que dedica a súa impagable tarefa a fomentar e dar a coñecer o pensamento e a obra deste galeguista histórico, inxustamente esquecido. Non […]

Discurso de María Alonso Seisdedos na recollida do Premio Plácido Castro de Tradución (XXª edición)

Moi bo día: Antes de máis nada, vai a miña gratitude inmensa ao xurado (Bea Fariñas, Ramón Caride, Alberte A. Lugrís, Xavier Senín, Xulio Ríos e, en especial, a Olga López, que presentou a candidatura de Canto eu e a montaña baila). Vai tamén a cantas persoas contribúen ou contribuíron, dun xeito ou doutro, á […]

María Alonso Seisdedos recolleu en Vilagarcía o Premio Plácido Castro de Tradución

O salón nobre do Concello de Vilagarcía acolleu hoxe a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución na súa vixésima edición que recaeu en María Alonso Seisdedos, unha prolífica autora que con 44 traducións literarias dende 1980 ata a actualidade, traducindo do inglés, alemán, castelán e catalán, xa obtivera o Premio Nacional á mellor tradución […]