Noticias

Plácido Castro recordado no IES Castro Alobre

O IES Castro Alobre acolle desde o luns 4 de Abril unha exposición biográfica sobre a figura de Plácido Castro (1902-1967). A actividade é o inicio dun itinerario que rematará o 21 de abril coa instalación dunha placa que recordará ao Plácido docente de inglés no Instituto Laboral de Vilagarcía entre 1956 e 1967. O […]

XXIII Conferencia Anual Plácido Castro: As emisións en galego da BBC e Plácido Castro, por Afonso Vázquez-Monxardín Fernández

No PDF adxunto, velaí o texto relativo á XXIII Conferencia Anual Plácido Castro que tivo lugar o 25 de Xaneiro de 2022 na vila ourensá de Allariz. Con limiar da Alcaldesa Cristina Cid Fernández, o autor realiza un moi detallado e documentado estudo arredor destas emisións, das que en 2022, o 14 de abril, cumpriranse […]

120!, por Xulio Ríos

“Semella como se na nosa Terra a convivencia case familiar nos restase a facultade de perspectiva diante dos nosos grandes homes”. Velaí toda unha sentencia de Plácido Castro que deita luz, unha vez mais, sobre o déficit de autoestima dos galegos mais tamén das dificultades para ponderar o alcance dos que van por diante e […]

Caricatura de Maside

Plácido Castro na BBC

A Conferencia Anual Plácido Castro versará en 2022 sobre a presenza de Plácido Castro na BBC. Estará a cargo de Afonso Vázquez-Monxardín, arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador e profesor e escritor. Foi profesor visitante en centros galegos e universidades de América e impulsor do proxecto Arquivo Sonoro de Galicia no […]

“Foi o grao do seu saber sobre Irlanda e a Gran Bretaña, persoalmente experimentado, o que o constituíu en experto nos asuntos irlandeses dentro dos círculos galeguistas”

Entrevistamos a Xavier Madrinán, autor da monumental obra “A figuración galega de Irlanda (1840-1936)”, publicada en Laiovento edicións, e recabamos o seu parecer sobre a conexión de Plácido Castro con este país. Que destacaría da relación de Plácido Castro con Irlanda? Que adoitou sempre combinar na súa mirada á nación irlandesa o sentimento que nacía […]

Laureano Araujo recibiu o Premio Plácido Castro de Tradución

En Cambados foille entregado hoxe a Laureano Araujo o Premio Plácido Castro de Tradución que na súa XIXª edición gabou a súa tradución de Schlump, Erwin: Homicidio, do escritor suizo Friedrich Glauser. No acto, conmemorando o Día Internacional da Tradución, Constantino Cordal, padroeiro da Fundación e concelleiro de Cultura en Cambados, recordou os obxectivos do […]