Convenio de cooperación entre a Fundación Plácido Castro e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas externas dos estudantes das titulacions impartidas na Facultade de Xeografia e Historia

Univerdidade de Santiago de Compostela

Convenio de cooperación entre a Fundación Plácido Castro e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización de prácticas externas dos estudantes das titulacions impartidas na Facultade de Xeografia e Historia

REÚNENSE:

 

Dunha parte, Don Juan J. Casares Long, Reitor Magnífico da Universidade de Santiago de Compostela que actúa en nome e representación da mesma en virtude do Decreto 99/2010, de 17 de xuño (DOG do 24), do seu nomeamento e polas facultades conferidas pola Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril e o Decreto 28/2004, de 22 de xaneiro, polo que se aproban os estatutos da Universidade de Santiago de Compostela

 

Da outra, Dona Susi Castro Sineiro, con DNI 35998932E, en calidade de Presidenta da Fundación Plácido Castro, en virtude de escritura outorgada o 5 de abril de 2001 ante o notario José A. Cortizo Nieto, do Ilustre Colexio de A Coruña.

 

Ámbalas dúas partes recoñécense con capacidade legal suficiente para outorgar o presente convenio e, para os efectos,

 

 

MANIFESTAN:

1  Que a USC, como prestadora do servizo público de educación superior, realiza actividades de docencia, investigación e desenvolvemento científico e técnico,

 

2  Que por iso ten a vontade de potenciar a realización de actividades de formación práctica do alumnado da USC.

 

3  Que a Fundación Plácido Castro con CIF G36887479 con enderezo en Avenida Joselín 7 P3 4B, 36300 Baiona (Pontevedra), ten interese en colaborar no sistema de formación práctica do alumnado da USC.

 

De acordo co anterior, a USC e a Fundación Plácido Castro acordan asinar un convenio de colaboración, de conformidade coas seguintes

 

 

CLÁUSULAS

 

1.  Obxecto do convenio

O presente convenio ten por obxecto establecer a colaboración entre as partes de cara a unha adecuada programación, desenvolvemento e verificación de prácticas tuteladas do alumnado da Facultade de Xeografía e Historia, nas dependencias da Fundación Plácido Castro, tanto na súa Sede oficial e Arquivo permanente sito en Pazo de Torrado, Rúa Príncipe 10, 36630 Cambados, como na súa secretaría, sita en Baiona, Avenida Joselín 7 Portal 3 4ºB..

2.  Obxecto das prácticas

O obxecto das prácticas é o desenvolvemento de tarefas adecuadas ao seu nivel de formación que lle sirvan para adquirir unha experiencia enriquecedora  para que, unha vez finalizado o seu período de estudos, poida dispoñer dunha perspectiva que lle permita o seu engarce no mundo laboral.

 

3. Número de Prazas

A Fundación Plácido Castro acollerá un máximo de dous alumnos/as da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela que cursen los estudos de Grao en Historia en calidade de estadía de prácticas, de acordo coas convocatorias que faga a USC.

 

4. Período de realización das prácticas

 

As prácticas que son obxecto deste convenio realizaranse no período que determine a Comisión de Seguimento e concretaranse nas convocatorias que faga a USC.

 

5. Número de horas e créditos que se recoñecerán

 

As prácticas que realicen os/as alumnos/as constarán das seguintes horas/crédito:

Grao en Historia : 150 horas como máximo que equivalen a 6 créditos ECTS.

Grao en Historia da Arte: 300 horas como máximo, equivalentes a 12 créditos ECTS.

Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio. 150 horas como máximo, equivalentes a 6 créditos ECTS.

 

Nestas horas estará incluído o tempo de titorías dos/as alumnos/as, así como o necesario para a elaboración da memoria que se establece neste convenio.

 6. Titores/as responsables e órgano universitario responsable

 

A Comisión de Seguimento nomeará, para cada un dos períodos e prazos das prácticas que se convoquen, as persoas, por parte da USC e da institución, que actuarán como coordinadores-responsables.

Os titores da empresa ou entidade colaboradora poderán obter a petición propia, o recoñecemento a súa labor nos termos que establece a USC.

 7. Selección dos/as alumnos/as

 

A USC seleccionará as persoas que van realizar as prácticas consonte unha convocatoria que respectará os principios de publicidade, igualdade, obxectividade e mérito.

 

8. Memoria das prácticas

 

Ao remate de cada período de prácticas cada un dos/as alumnos/as deberá realizar unha memoria final sobre o traballo realizado.

 9. Procedemento de avaliación

 

A avaliación das prácticas realizaraa a USC a través do titor/a, á vista da devandita memoria e do informe do titor/a de prácticas da institución colaboradora.

Soamente poderán ser avaliadas favorablemente se a ausencia total non excede do 15% das horas programadas.

 10. Certificación da entidade colaboradora

 

Se a avaliación da memoria é positiva e o informe da actuación favorable, a institución colaboradora emitiralle a cada un dos/as alumnos/as que participaran con regularidade nas prácticas unha certificación na que debe constar o tempo de colaboración e as actividades, traballos de investigación ou avaliación, etc… realizados.

A certificación deberá especificar que, para os efectos académicos, queda supeditada á avaliación que das prácticas realice a USC.

 11. Relación coa entidade colaboradora

 

O feito de que o alumnado realice prácticas nunha entidade colaboradora  non suporá ningún tipo de relación laboral con ela nin determinará a existencia de ningunha responsabilidade pola súa parte.

Aqueles que teñan menos de vinte e oito anos seguen baixo a protección do seguro escolar. Para os estudantes maiores de vinte e oito anos formalizarase obrigatoriamente a cargo de estudante un seguro específico no momento da súa matrícula na USC.

As continxencias de responsabilidade civil quedan cubertas por unha póliza subscrita pola USC.

12. Obrigas da USC

 

A USC non achegará financiamento adicional polo feito de asinar este convenio.

 13. Comisión Mixta de Seguimento

 

Para o seguimento do convenio establecerase unha comisión mixta na que participarán, pola USC, a Vicerreitora de Titulacións e Persoal Docente e Investigador ou persoa que designe, e o responsable das prácticas do Centro; por parte da entidade colaboradora, as dúas persoas que esta designe.

 

Esta Comisión Mixta comprométese a cumprir os obxectivos que xustifican o asinamento deste convenio, cumprindo de modo específico as seguintes funcións:

 

  • Formular as propostas sobre o número de prazas de cada convocatoria para a realización de prácticas formativas correspondentes a cada curso académico, de acordo cos criterios e normas que se han establecer oportunamente.
  • Propoñer ao Reitor o nomeamento tanto do titor/a responsable na institución, como por parte da Universidade, para cada un dos prazos ou períodos nos que se convoquen as prácticas.
  • Establecer os criterios de avaliación e control das prácticas tuteladas.
  • Interpretar e aplicar, con carácter xeral, as estipulacións deste convenio, así como controlar o seu cumprimento e resolver os conflitos entre as partes.
  • Propoñer addendas ou modificacións a este convenio para que sexan aprobadas polos órganos competentes.

 14. Protección de datos

De conformidade co disposto na Lei orgánica 15/1999, de decembro, de Protección de datos de carácter persoal, o/a estudante en prácticas que por razón das actividades formativas teñan acceso, en calquera fase do tratamento, a datos de carácter persoal non revelará a persoa allea á empresa/entidade información da que tiveran coñecemento, nin utilizar ou dispoñer dela dun xeito ou con finalidade distinta á esixida polas accións formativas, obriga que subsistirá aínda despois de rematadas as mesmas, respondendo en caso de incumprimento do deber de secreto fronte á empresa/entidade, sen prexuízo das responsabilidades que por igual causa puideran derivarse ante a Axencia Española de Protección de Datos.

A tal efecto o/a estudante asinará coa empresa/entidade un documento no que se obrigue a cumprir o deber de secreto antes citado

 15. Normas de aplicación

 

A este convenio seralle de aplicación a seguinte lexislación:

  • Real Decreto 1707/2011, do 10 de decembro de 2011, polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudantes universitarios.
  • Real Decreto 1393/2007, de 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais.
  • Normativa de Xestión Académica aprobada por Resolución Reitoral de 12 de novembro de 1998, modificada e refundida pola Resolución Reitoral del 22 de xullo de 2007
  • De 16 de febreiro de 2010 pola que se publica o plan de estudos do Grao en Historia.
  • De 16 de febreiro de 2010 pola que se publica o plan de estudos do Grao en Historia da Arte.
  • De 16 de febreiro de 2010 pola que se publica o plan de estudos do Grao en Xeografía e Ordenación do Territorio
  • Normativa de prácticas externas en empresas e institucións aprobada polo Concello de Goberno de 30 de maio de 2008.

 16. Entrada en vigor e vixencia do convenio

 

Este convenio entrará en vigor ao día seguinte do seu asinamento e estará vixente ata o remate do curso académico correspondente. Prorrogarase automaticamente por cursos académicos sucesivos se ningunha das dúas partes o denuncia de xeito expreso, avisando con tres meses de antelación.

En calquera caso, o convenio non poderá rescindirse no caso de que haxa alumnos/as seleccionados/as para realizar un período de prácticas, namentres non rematen estas.

17. Xurisdición

 

Convén indicar que se trata dun convenio de colaboración de carácter administrativo, sendo necesaria a atribución á Xurisdicción Contencioso-Administrativa da competencia de coñecer as cuestións litixiosas que poidan xurdir na execución deste convenio.

 

Disposición transitoria

 

Mentres non se realice unha convocatoria única para todas as titulacións na USC, facúltase á Comisión Mixta para facer as convocatorias que considere oportunas derivadas deste convenio.

 

En proba de conformidade, as dúas partes asinan este convenio no lugar e na data que se indican máis abaixo.

 

Santiago de Compostela, a 5 de febreiro de 2013

 

POLA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Por delegación do Sr. Reitor

(RR do 01.08.2011, DOG do 18.08.2011)

A Vicerreitora de Titulacións e Persoal Docente e Investigador

 

 

 

POLA FUNDACIÓN PLÁCIDO CASTRO

 

Dona Carmen Fernández Morante

 

Dona Susi Castro Sineiro

 

Anexo

Proxecto formativo obxecto das prácticas a realizar polo estudante

 

GRADO DE HISTORIA
Denominación del módulo PRACTICAS EXTERNAS
Competencias y resultados del aprendizaje que el estudiante adquiere con dicho módulo As Prácticas Externas enténdense como unha actividade moi beneficiosa para o alumnado como complemento da súa formación. Por unha parte, serviranlles como laboratorio de experimentación ao permitirle poñer en valor os coñecementos adquiridos e facelo á luz dun exercicio no académico, e, por outra, aínda cando o traballo se realice baixo a tutela dos  responsables do Grao e da institución que o acolla, brindaralle a oportunidade dunha toma de contacto co  mundo laboral vinculado coa súa profesión fóra das aulas, incentivándolle a utilidade da titulación ao abrirlle novas perspectivas orientadas ao seu futuro profesional.
Competencias Contribuír á formación integral dos estudantes completando a súa aprendizaxe teórico e práctico nun  ámbito non académico.

 

Facilitar o coñecemento da metodoloxía de traballo adecuada á realidade profesional.

 

Favorecer o desenvolvemento de competencias técnicas, metodolóxicas, persoais  participativas.

 

Obter unha experiencia práctica que facilite a inserción no mercado de traballo.

 

Favorecer os valores de innovación, creatividade e emprendemento.

Asignatura Prácticas externas
Créditos ECTS 6-12
Carácter Optativo
Curso / Cuatrimestre Cuarto Curso / Segundo Cuadrimestre
Contenidos Calquera dos ámbitos profesionais que teña afinidade coas áreas de coñecemento e  as materias impartidas no  grado e vinculadas ao convenio.
Actividades formativas con su contenido en horas para el alumno
Total horas de traballo previo ás prácticas (entre profesor e alumno) 10 Total de horas traballo persoal do alumno 150

ou o equivalente ao período de tempo fixado

Criterio específico de evaluación para la asignatura Avaliación continua por parte dun representante da empresa ou institución que acolle ao alumno e seguimiento e avaliación continua por parte do profesor/a responsable das prácticas nos termos fixados no convenio

 

 

 

 

Arquivos anexos a descargar: