Marta Dahlgren recibiu en Cambados o Premio Plácido Castro de Tradución

Marta Dahlgren recibiu en Cambados o Premio Plácido Castro de Tradución

A escritora de orixe sueca e galega de adopción, Marta Dahlgren Thorsell, recibiu o pasado venres en Cambados o premio Plácido Castro de Tradución de mans da alcaldesa, Fátima Alonso, e da presidenta da Fundación, Susi Castro.

No acto tamén participaron  os concelleiros de cultura de Vilagarcía e Cambados, Sonia Outón e Víctor Caamaño; Xavier Senín en nome do xurado desta décimo quinta edición e tamén da Asociación de Tradutores Galegos; Xaquín Chaves, autor da peza escultórica que simboliza o premio; Xulio Ríos, director do IGADI, así como numerosos veciños da localidade, familiares, amigos e amigas.

Importancia das linguas minoritarias

Marta Dahlgren agradeceu o apoio que sempre atopou en Galicia para levar adiante o seu afán tradutor e reivindicou a importancia das linguas minoritarias para garantir a propia viabilidade das sociedades democráticas. Igualmente, destacou o valor da obra premiada, Kallocaína, de Karin Boye, unha obra que segundo dixo lle impactou moito cando sendo moi nova a leu por primeira vez, e amosou a súa contrariedade polo mal momento que viven as humanidades.

O premio Plácido Castro de tradución, de periodicidade anual, quere reivindicar así a dimensión tradutora de Plácido Castro, a trascendencia da tradución para o sistema literario e cultural e recoñecer o labor dos actuais tradutores e as súas obras.

Susi Castro (presidenta da Fundación Plácido Castro), Fátima Abal (alcaldesa de Cambados), a gañadora Marta Dahlgren, Sonia Outón (concelleira de Cultura de Vilagarcía de Arousa) e Xaquín Chaves (autor da peza escultórica que simboliza o premio.
Susi Castro (presidenta da Fundación Plácido Castro), Fátima Abal (alcaldesa de Cambados), a gañadora Marta Dahlgren, Sonia Outón (concelleira de Cultura de Vilagarcía de Arousa) e Xaquín Chaves (autor da peza escultórica que simboliza o premio.
Víctor Caamaño (concelleiro de cultura de Cambados), Fátima Abal, Marta Dahlgren, Susi Castro. De pé: Xaquín Chaves e Xavier Senín (Asociación de Tradutores Galegos)