Plácido Castro: A despedida dos amigos

Libro 'Plácido Castro: A despedida dos amigos'

Plácido Castro: A despedida dos amigos

Este valioso caderno é espello dunha época na que tantas arelas confluíron arredor de amizades, vocacións e silencios compartidos.

Este valioso caderno é espello dunha época na que tantas arelas confluíron arredor de amizades, vocacións e silencios compartidos. Evoca unha solidariedade consolidada durante a etapa que Plácido Castro, natural de Corcubión, viviu en Vigo (en 1940 fóra condenado a oito anos e un día de desterro a máis de cen km de Muxía pola súa militancia galeguista). Entre a rúa Lepanto e a rúa Reconquista e os tempos de verán en Coruxo, sosegou como puido a frustración provocada pola derrota das súas esperanzas doutro destino para a Galicia soñada pola súa xeración e que deixaría só fisicamente atrás en 1948 cando os seus amigos o despediron con esta sentida homenaxe.

Arquivos anexos a descargar: