XVII Conferencia Anual Plácido Castro

Portada do libriño da XVII Conferencia Anual Plácido Castro

XVII Conferencia Anual Plácido Castro

Plácido Castro, Johán Carballeira e os debates (e inquedanzas) do seu tempo por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel

Bueu, 22 de xaneiro de 2016

Presentación

A teimuda e indispensable tarefa desenvolvida pola Fundación Plácido Castro para difundir o legado deste galeguista de visión universal, achegou neste año 2016 a súa conferencia anual, na XVII edición, á Nosa Vila: Bueu. A Vila de Johan Carballeira.

Dous grandes persoeiros, Plácido e Johan, transcendentes na historia recente de Galicia, que coincidiron na época, no amor a Terra, na defensa do país e das liberdades e da lingua e ate na militancia

Dous grandes persoeiros, Plácido e Johan, transcendentes na historia recente de Galicia, que coincidiron na época, no amor a Terra, na defensa do país e das liberdades e da lingua e ate na militancia. A esta correlación chegamos os profanos co simple coñecemento das súas biografías. Mais a talla de ambos facía necesaria unha aproximación profesional que aprofundase nas conexións existentes entre eles para así sabermos das súas afinidades, das querencias ou discrepancias, se estas existiron, dos proxectos compartidos e das coincidencias. Debullar o percorrido destas incógnitas e partillar este coñecemento foille encomendado ao grande historiador Uxío-Breogán Diéguez. Das súas investigacións, do seu amplo coñecemento, e mesmo da súa paixón por estudar e dar a coñecer os momentos e figuras transcendentes do Noso País, parte a magnífica conferencia que tivemos a honra e o pracer de gozar en Bueu.

Agradecemos fondamente, á Fundación e ao Conferenciante ter achegado á Nosa Vila tanto coñecemento e recoñecemento a dous Homes de ben. Agardamos continúen a ser exemplo, que se espalle e semente.

Carlos Eirea Eiras
Concelleiro de Cultura, Concello de Bueu