1930/06/28 > A morte dun heroe

1930/06/28 > A morte dun heroe


‘La muerte de un héroe’. El PuebloGallego, sábado, 28 de xuño de 1930.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Se Thomas Carlyle escribise hoxe o seu Heroes andHero Workship, é seguro que incluiría entre as súas categorías a do ‘Heroe como deportista’.E tal vez escollería como figura representativa desa categoría ó deportista que acaba de atopa-lamorte no momento mesmo do seu triunfo –Sir Henry Segrave.

A súa morte produciu unha emociónmaior que a acostumada nestes casos, precisamente por ser Segrave, entre tódolos ‘deportistas mecánicos’,quen personificaba para os ingleses a loita típica do noso tempo por conquistar récords de velocidadecada vez máis elevados. E a súa popularidade non se debía exclusivamente ós seus éxitos,senón tamén á circunstancia de ser Segrave un verdadeiro afeccionado. Dedicábase aestes deportes impulsado máis pola afección e o patriotismo que polo afán de lucro ou a notoriedade.Era un home dunha singular modestia e abandonou un posto retribuído con cinco mil libras anuais para realizaras súas últimas proezas deportivas…

Cada vez que ocorre unha desgracia como a mortede Segrave, moitas persoas, tal vez á maioría, tanto se lle dá un ombreiro coma outro e din:’¡Outro tolo ó que lle sucedeu o que lle tiña que suceder! ¿Para que todo iso?’. Maisa súa apreciación é, ó meu parecer, sumamente inxusta. Case todos estes intentos teñenunha finalidade práctica. Non corresponde o éxito nin o esforzo tan só o que conduce a canoa,o automóbil ou o aeroplano. Colaboran con el centenares de obreiros e moitos enxeñeiros e técnicos.Non se trata sinxelamente de acadar unha velocidade nunca igualada. Quérese poñer a proba, ómesmo tempo, a excelencia dun producto mecánico, a marabillosa resistencia e perfección de Cada undos seus compoñentes. Basta citar o exemplo das hélices que empregou Segrave, unha das cales, a pesarde ser de aceiro que resistira unha presión de sesenta toneladas, quedou estragada ó recibir o pulodos catro mil cabalos dos motores e comezar a xirar á velocidade fantástica de doce mil revoluciónspor segundo.

Os técnicos tiran leccións proveitosasde cada intento. Así, por exemplo, os pneumáticos fabricados especialmente hai uns anos para queSegrave batera o récord do mundo, son os que hoxe se empregan comercialmente en tódolos automóbiles.E as velocidades máximas, aéreas e terrestres do pasado veñen a ser as normais na actualidade.Toda a rapidez e a seguridade das comunicacións de agora débense ó heroico esforzo de Segravee dos seus compañeiros e precursores.

Ó levar a cabo o intento que lle custoua vida, Segrave propúñase facer algo moito máis importante que establecer unha nova marcade velocidade. Interesáballe, sobre todo, a posible influencia da canoa automóbil nas liñasdos grandes barcos. A construcción naval, segundo el, amosaba escaso progreso no noso século, xaque o transatlántico máis recente, o ‘Bremen’, só superou nun nó a velocidade do ‘Mauritania’,construído hai vintedous anos. Segundo declarou recentemente ‘as carreiras de canoas automóbilesson unha cuestión de importancia nacional. O récord pertence a América. Temos que conseguilo.Tivemos a supremacía dos mares durante séculos e agora, no limiar dunha revolución na construcciónnaval, estamos obrigados a manter esa supremacía. O vapor do porvir deberase á canoa automóbilde carreiras da actualidade. Cando ocorre unha desgracia non basta dicir, ‘¿Que finalidade ten iso?’. Tenunha gran utilidade. Ensinou algo a alguén e a lección pode compensar todo o risco e tódalasperdas. Palabras que demostran o concepto que Segrave tiña na súa misión.

Pero ademais do obxecto práctico, hai nestesintentos un motivo patriótico. De patriotismo á vez práctico e sentimental. O prestixio dunhanación moderna depende, en gran parte, destes récords que revelan a excelencia dos seus productosmecánicos e a valentía e pericia dos que os conducen. A posesión do récord éunha das mellores formas de propaganda nacional. A gran Bretaña tiña xa os récords de velocidadeen aeroplano e en automóbil, isto último conseguido polo propio Segrave. Agora a súa máximaarela era obter para a súa patria o terceiro dos grandes récords –o da velocidade sobre a auga.

Segrave perdeu a vida, pero conseguiu o que desexaba.E cando morreu debuxábase no seu rostro o sorriso do triunfo…

Pero, en último termo, ¿necesítaseoutra xustificación que a máis humana de todas –o desexo de superar todo o feito anteriormente?¿Noné este o pulo mesmo do progreso, da ciencia, da evolución? A humanidade venceu case tódolosperigos que a asexaban, desde as feras ata a varíola. Pero os homes como Segrave, que necesitan avanzarsempre, buscan novos perigos, desafían as forzas e á resistencia da natureza, sen preocuparse dosriscos que corren. Segrave, comandante de aviación ós dezanove anos, que viaxou máis velozmentesobre aterra e sobre o mar que calquera outro ser humano, atopou unha morte triunfal ós trinta e tres anos.’Non quero morrer entre sabas’, dixera, ‘a vida sen riscos non paga a pena ser vivida’. Os seus compatriotas chorarona súa morte, emocionados. A prensa chamouno ‘un embaixador do noso imperio, un ideal da nosa xuventude,un heroe da nosa raza…’, e dixo que ‘Un Segrave arrisca a súa vida para deixa-lo seu herdo a industriasenteiras. Os homes como el son, no sentido máis elevado, os xefes da súa nación’.

¿Non é verdade que hai na loitapolo récord unha significación moito maior que a que lle atribúen os que cren que sóse trata dunha manifestación da loucura moderna da velocidade? ¿E non se merecería Segraveun posto entre os heroes dun Carlyle contemporáneo? Se os nosos poetas modernos son realmente modernos,cantarán algún día a vida e a morte destes heroes de agora, tan dignos da atencióndos poetas como o foron os heroes dos tempos pasados.

P. R. Castro.