1932/04/19 > Irlanda libre

1932/04/19 > Irlanda libre


‘Irlanda libre’. El Pueblo Gallego,martes, 19 de abril de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


O triunfo de De Valera nas eleccións irlandesasé dunha importancia capital na historia dos movementos nacionalistas e encerra valiosas ensinanzas tantopara os nacionalistas de tódolos países como para os Gobernos que han de resolver problemas autonomistas.

Unha vez máis demostrouse que no nacionalismoo sentimento é o factor máis potente, que domina tódolos aspectos económicos por importantesque estes sexan. Irlanda gozaba desde 1921 dunha independencia practicamente absoluta e un estado de prosperidademoi satisfactorio nas actuais circunstancias; desde logo máis favorable que o de Inglaterra. Os seus habitantesgozaban dos privilexios dunha dobre cidadanía, irlandesa e británica. O convenio financeiro con Inglaterrafoi sumamente favorable a Irlanda, que se librou da terrible carga de débeda nacional e só contraeuo compromiso de pagar un número de anualidades, de tres millóns de libras, para liquidar os préstamosfeitos polo Goberno británico ós agricultores irlandeses con obxecto de que adquirisen as terrasque traballaban. É dicir, que Irlanda gozaba de tódalas vantaxes da súa independencia, e ómesmo tempo beneficiábase da súa asociación co Imperio, en canto esta asociación supuñaque Irlanda obtiña no Imperio un trato favorable no terreo arancelario e económico; que os seus habitanteseran tamén cidadáns dun conxunto de nacións que ocupan a quinta parte do mundo, e que a súaseguridade nacional estaba garantida por toda a potencia naval e militar do Imperio Británico. Engádasea todo isto que Irlanda estaba rexida por un dos Gobernos máis activos e eficientes do mundo, o cal levoua cabo transcendentais reformas na economía do país e cun labor durante dez anos que foi magníficoen tódolos aspectos.

Sen embargo, celebráronse recentes elecciónse o misticismo patriótico de De Valera triunfou sobre a experiencia e a magnífica historia do GobernoCosgrave. O xuramento de fidelidade á coroa británica polos deputados –único lazo entre asdúas nacións, que non implica ningunha submisión de Irlanda ó Goberno inglés–foi o punto fundamental que nas eleccións se discutía. Non a súa liberdade, posto que ninguénsoña en que Inglaterra impoña o seu criterio pola forza. Pero si a súa prosperidade económicae os moitos beneficios que proveñen da súa asociación co Imperio, e dos cales lle privaríaa hostilidade de Inglaterra. Pero Irlanda sentía ante todo a posibilidade de realiza-lo soño de FintonLalov, que resume todo o ideal de De Valera: ‘Irlanda, dona de si mesma e de todo o que contén, desde aterra ata o ceo de Irlanda, para que o posúa o pobo de Irlanda…’. Que absurdo resulta ó lado destaaspiración o comentario de Churchill ‘Irlanda será unha entidade sen ningunha categoría nacional,nin dentro nin fóra do Imperio’. Tan absurdo como a actitude de moitos políticos españoise as súas preocupacións acerca da ‘soberanía’ que tanto dificultan a solución dos problemasautonomistas e tan mesquiñas parecen ó lado da arela de liberdade dos pobos que reclaman a súaautonomía. Como di o Goberno irlandés, o pobo ve no xuramento unha cousa intolerable, unha reliquiado medievalismo. Quere manter relacións de cordial amizade coa Gran Bretaña, pero non cre posibleesa cordialidade, nin o establecemento da verdadeira paz en Irlanda ata que o xuramento desapareza. Estádisposto a transixir, a negociar acerca das anualidades que paga a Inglaterra. Pero no aspecto moral do xuramentoadopta unha posición de intransixencia.

A actitude de Inglaterra, se aceptamos como representativoo criterio do Times, é que se os irlandeses queren ser estranxeiros ninguén pode impedirllo, e haique acepta-la nova situación, e limitarse a protestar contra a rotura dun pacto solemne, e a privar a Irlandadas vantaxes que goza como compoñente da Comunidade de Nacións Británicas. Podemos, pois,considerar como conseguido este novo triunfo na historia do nacionalismo irlandés. Logo só lle quedaráo paso definitivo que será a transformación do cargo de gobernador xeral –nomeado actualmente polorei a proposta do Goberno de Irlanda, e que na práctica desempeña as funcións dun presidenteda república– ata convertelo nun verdadeiro presidente, elixido polo pobo irlandés ou polo seu Parlamento.Esta será a etapa final no proceso de liberación de Irlanda.

Os nacionalismos poden seguir dous cursos, segundoo criterio dos Gobernos centralistas contra os cales se alzan. A autonomía concedida a tempo [………………..Faltaunha liña………………….] –gregación e evita-la separación completa. Inglaterra conservaríaa súa soberanía sobre Irlanda de concederlle a categoría de dominio antes da guerra, cousaque impediron os conservadores reaccionarios. En 1921 xa era tarde e xa correra demasiado sangue. Inglaterra perdeuun anaco máis do seu imperio.

P. R. Castro.