1932/04/30 > Impresións de propaganda

1932/04/30 > Impresións de propaganda


‘Impresiones de propaganda’. El PuebloGallego, sábado, 30 de abril de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Os que están realizando a propaganda do programae dos ideais do Partido Galeguista, con algo da inxenuidade e da inexperiencia de todo principiante, aprenderonno curso das súas campañas moitas valiosas leccións, unhas agradables outras que non o son.

Agradable é achar un ambiente para as ideasautonomistas que non pode ser máis alentador; observar con qué rapidez chegan ó espíritodo pobo o ideario sentimental e práctico do partido; e ver que os galegos están predispostos polosseus sentimentos e polos máis recentes acontecementos políticos para recibir este ideario con verdadeiroentusiasmo. Tanto é así que se pode afirmar –tendo en conta a falta xeral de cultura cívicaque o noso país padece e que a República fixo tan pouco por remediar– que ningunha idea políticaten hoxe en Galicia un ambiente tan favorable coma o galeguista. Os que abandonaron o Estatuto porque pensabanexclusivamente en termos de partidos políticos, de concellos ou de deputados provinciais, esquecéndoseda opinión do pobo, sufriron un enorme erro político, do cal eles mesmos se están dando deconta agora, ó pretender volver a recolle-la bandeira que deixaron abandonada e esquecida.

Pero tamén as adversidades nos serven deensinanza. Hai uns días foinos imposible levar a feliz termo un mitin en Betanzos. E sucedeu así,non porque houbera oposición ás nosas ideas, senón por dúas razóns moi sinxelas.En primeiro lugar, autorizárase o noso mitin ós dous días de negarlle igual permiso óssindicalistas. E ademais figuraba un deputado na lista de oradores. Destas circunstancias puidemos deducir cálé a actitude dun considerable sector da opinión galega. Sacamos a consecuencia de que o desprestixiodos partidos gobernamentais é tan grande que o maior beneficio que o Goberno pode facerlle a un partidoé prohibirlle que celebre mitins. Deixándoo falar desprestíxiao. E se a un deputado non selle dá ocasión de explica-la súa actuación, de divorciarse en absoluto da políticagobernamental e declararse contrario a ela, considéraselle, desde logo, como un inimigo dos electores querepresenta. É culpado inxustamente de apoia-la Lei de Defensa da República ou as deportaciónsa Bata, de tódolos erros do Goberno ou dos seus partidarios en Galicia…E as palabras máis aplaudidasson aquelas en que se insiste sobre a absoluta incompatibilidade do Partido Galeguista cos que hoxe mandan en Galicia…

Todo isto é ben lamentable e entristecemesmo ós que nos vemos obrigados a combater a quen puido converter en realidade as aspiracións autonomistasde Galicia. Entristécenos porque se eles pretenden agora enarborando unha vez máis a bandeira daautonomía, que ultimamente tiveron tan esquecida por crer que xa non lles era útil, isto representaría,dado o estado de ánimo dos galegos, un verdadeiro perigo para a causa autonomista. Bastaría que elesdefendesen a autonomía para que o pobo desconfiase da súa conveniencia. E os galeguistas, para disociarse,para fixar claramente a súa posición independente, deberán adoptar, como única solucióndo ideal galeguista, unha posición moito máis extrema que a autonomista.

Pero o que ante todo lamentamos é que opobo de Galicia, tantas veces enganado e defraudado, teña o convencemento de que o foi unha vez máis;que perda a fe e a esperanza, sentidas durante algún tempo e tan esenciais para o rexurdimento da nosa terra.Fe que nós agardamos que volverá a sentir en torno ó ideal e ó programa de quen nonten máis lealdade que a Galicia e a súa liberdade. Porque esta é, en suma, a ensinanza fundamentaldos últimos meses da vida política da nosa terra, que os que non antepoñan a súa lealdadea Galicia a calquera outro ideal, non poderán servir fielmente a Galicia. E que a lealdade a Galicia seguesendo incompatible, no réxime republicano como no monárquico, cos intereses e conveniencias de gobernos,_______________________ ou partidos alleos a Galicia.

P. R. Castro.