1932/05/15 > Urxencia da Autonomía

1932/05/15 > Urxencia da Autonomía


‘Urgencia de la Autonomía’. ElPueblo Gallego, domingo, 15 de maio de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


A loita pola autonomía de Galicia entrou nunhanova fase. Non se trata xa da aspiración sentimental duns cantos idealistas senón dunha urxente necesidadematerial da nosa terra. Necesaria, neste sentido, foino sempre, e así o estimamos os que a defendemos entempos pasados por razóns tanto prácticas como sentimentais, pero non debemos despreza-lo reforzode aqueles que acoden agora ás filas autonomistas, impulsados por razóns prácticas, ócomprende-la triste situación en que quedaría unha Galicia sometida ó Poder central, dentrodunha nación na cal gozarían de autonomía rexións como Vasconia e Cataluña.

Non pode esaxerarse, neste aspecto, a gravidadedo momento actual, nin se pode insistir demasiado sobre a necesidade de esquece-las diferencias partidistas e asliortas localistas. Nos editoriais deste xornal escribiuse repetidamente sobre o asunto. Pero trátase dealgo tan transcendental que é preciso insistir sobre el.

Vasconia e Cataluña autónomas defenderán,e a isto teñen perfecto dereito, os seus intereses económicos peculiares. A Autonomía beneficiaralles,facéndoas máis prosperas e eficientes, no terreo espiritual como no económico. No Parlamentoactuaron os seus deputados cunha unión case absoluta ó defende-las súas conveniencias rexionais,calquera que sexan as diverxencias que os separen dentro das súas respectivas rexións. Entre os representantesparlamentarios do resto de España, que serán os que na práctica gobernarán toda a Españanon autónoma, dominarán aínda máis que agora os deputados casteláns e madrileños.Teremos pois fronte a Galicia, con intereses contrarios ós nosos, dúas fortes rexións autónomase unha confederación central, animada polo espírito imperialista que revela a actual campañacontra o Estatuto catalán –especie de novo ‘upetismo’ castelán, dirixido polos máis diversoscaudillos; Unamuno, Emiliano Iglesias, ‘agrarios’ e ocultadores de trigo, cavernícolas, ‘albiñanistas’e intelectuais madrileños–. Xentes que empregan nas súas campañas unha fraseoloxíaque nos recorda ós mellores tempos de Primo de Rivera, e que se acollen a unha serie de conceptos combinadose ocos, que nos demostran que son eles, e non os autonomistas, os verdadeiros nacionalistas reaccionarios. Eseé o espírito do centralismo, que será máis forte que nunca dentro da infortunada Españaque quede baixo o seu imperio. E dentro dese residuo de España, Galicia será, como sempre, a sacrificada.Non padecerá Valencia, que se aliará a Cataluña, nin Andalucía que saberá ameazare asustar ó Goberno, senón Galicia indefensa. Outras rexións como Aragón e Andalucíaxa empezan a pensar na conveniencia da Autonomía, aínda sen sentir o nacionalismo. Pero Galicia estaráindefensa porque os seus representantes en Cortes, pertencentes a diversos partidos nacionais, alleos a Galicia,non saberán unirse para defendela e expresar con unanimidade o criterio da nosa terra, como non souberonfacelo ata agora.

E este momento, transcendental na existencia deGalicia, é o que escollen os dirixentes dun partido que se chamou autónomo, e que foi con este carácterá loita electoral, para tratar de alianzas con partidos nacionais, correndo o risco de verse despois complicadosno xogo político nacional, con prexuízo para os intereses que prometeran defender. Teríanque calar cando un ministro agravie a Galicia, votarán, como xa o fixeron algúns, contra a desgravaciónda pequena propiedade rural, obedecendo as ordes dos seus xefes.

Se ós galeguistas nos movese un novo interesepartidista aledariámonos da decadencia e das equivocacións doutros partidos galegos. Pero os quepertencemos a un partido que só existe para logra-la liberdade de Galicia, temos que lamenta-los erros dosnosos adversarios cando supoñen a debilitación da unidade galega, hoxe máis urxente e necesariaque nunca.

P. R. Castro.