1932/05/18 > Programas e realidades

1932/05/18 > Programas e realidades


‘Programas y realidades’. El PuebloGallego, mércores, 18 de maio de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


A Asemblea da Federación Republicana Galega,celebrada recentemente na Coruña, acaba de toma-los acordos xa coñecidos pola prensa, ningúndos cales, salvo o que se refire a posibles alianzas con partidos nacionais, pode en teoría merecer censuras.Se nalgún aspecto se ha de criticar adversamente a actuación da citada Asemblea será non tantopolo que se fixo como polo que se deixou de facer –pola súa falta de comprensión da transcendenciado momento político actual na vida de Galicia.

É verdade que o partido reafirmou en credoautonomista xa consignado, e tal vez con maior enerxía, no antigo programa da ORGA.

A actuación práctica da F.R.G. respectoá autonomía non é como para inclinarnos a crer na súa eficacia neste sentido. Peropoderían esquecer pasados erros ou neglixencias se se observasen no partido reorganizado mostras palpablesdun verdadeiro interese e entusiasmo por converter en realidades as aspiracións autonomistas.

Desgraciadamente do que non se falou na Asemblea,aínda que fose precisamente do que debía tratarse, foi dos medios prácticos e inmediatos deconsegui-la autonomía de Galicia.

Porque non é suficiente unha expresiónde aspiracións, por nobres que estas sexan. Nun momento como o actual, cando a cuestión das autonomíasrexionais é dunha palpitante actualidade, cando o silencio en torno ás reivindicacións deGalicia pode dar lugar a que quedemos sen Estatuto, é preciso mostra-la vontade de cumpri-los programasautonomistas e non perder oportunidade de facelo.

¿E que ocasión puido ser máispropicia que a Asemblea da F.R.G.? O novo partido ten vantaxes enormes para emprender unha campaña a favordo Estatuto –medios dos que tal vez non volva nunca a dispoñer– un ministro, varios altos cargos, gobernadorescivís, o grupo máis numeroso de deputados en Cortes, dos das deputacións provinciais e a maioríaen grande número de concellos. Non se trata pois dun partido de opinión, que non ten obrigaciónde cumpri-lo seu programa, senón dun verdadeiro partido gobernamental. (Eu sempre crin, en tempos da monarquía,que a existencia dos nos galegos, lonxe de beneficiar a Galicia representaba un pequeno moral e material. Seríalamentable que sucedese o mesmo no réxime republicano).

¿Que menos pode facer un partido nestascondicións –debeu facelo xa, pero aínda non é tarde– que utilizar tódolos seus recursospolíticos e especialmente toda a súa influencia sobre os concellos galegos, para asegurar que a proxectadaAsemblea de Santiago sexa un éxito e abra o camiño para a celebración do plebiscito galego?Se con todo o seu predominio político non pode conseguir nin isto ¿para que deberá ser nina súa Asemblea nin a súa fervente declaración de autonomismo? Porque se fracasa a acertadainiciativa do concello santiagués, con incalculable prexuízo para Galicia, a responsabilidade corresponderácase integramente ó Partido Republicano Galego, que non terá despois dereito a pedirlle a ninguénque crea na súa sinceridade e na súa eficacia.

P. R. Castro.