1932/05/31 > Unha razón máis

1932/05/31 > Unha razón máis


‘Una razón más’. El PuebloGallego, martes, 31 de maio de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Non se pode negar que o ambiente en torno áautonomía de Galicia está transformándose rapidamente. A opinión é cada díamáis favorable á súa implantación na nosa terra. A transformación obedece aunha serie de causas –a discusión do Estatuto catalán, a admirable oposición da situacióntributaria de Galicia que se fai repetidamente nas columnas de El Pueblo Gallego, e a evidente diferencia de tratoque o Goberno establece para diversas rexións, reveladora da verdadeira postergación da nosa rexión.Conflictos como o do ferrocarril Zamora-A Coruña, ou o formulado en Ferrol ó escribir estas liñas,transcenden inmediatamente os límites locais para converterse en problemas galegos que espertan a concienciacolectiva de Galicia. Xa non reaccionan agora unicamente os galeguistas. Fronte ó conflicto ferrolán,por exemplo, os comentarios publicados nos xornais –aínda naqueles que non viron nunca con simpatíaas ideas autonomistas– teñen un marcado acento galeguista, e incluso formulan o problema dunha forma quefai resalta-la incompatibilidade entre os intereses de Galicia e o punto de vista dos Gobernos nacionais.

¿Cal é, en resumo, a posicióndo Goberno neste caso? Os amigos ‘gobernamentais’, dos que puiden escoita-la súa opinión, non neganque o Goberno dedica máis atención ás crises de Andalucía ou de Bilbao cá deFerrol. Pero sosteñen que se isto sucede é porque os conflictos formulados en Biscaia e en Andalucíason de maior extensión, ofrecen maior perigo para a seguridade pública e requiren máis urxentesolución.

Pero observemos o contraste entre o caso de Andalucíae o de Galicia. O Goberno preocupouse asiduamente de Andalucía; os ministros visitan con frecuencia aquelarexión e fan nela prolongadas estancias; destínanse continuamente enormes cantidades para alivia-lasúa situación. Sen embargo o conflicto segue en pé. Non abonda que a colleita sexa magnífica,nin que as bases de traballo fosen establecidas despois dun detido estudio. As loitas sociais –non as dificultadeseconómicas– impiden a recolección dunha enorme riqueza, hoxe ameazada. É evidente que un crecidonúmero de andaluces dedican máis atención ás bombas ca á colleita. Seguiránas explosións e as agresións a pacíficos traballadores e seguirá tamén o constanteenvío de millóns de pesetas e a concentración da atención dos ministros sobre un conflicto,que non depende xa de factores económicos senón que foi formulado por algúns dos habitantesda rexión.

Ferrol tamén sofre unha crise. Reducida,porque se trata unicamente dunha cidade, pero para ela total, angustiosa. Nótese ben que da crise non éresponsable o pobo ferrolán e que, dadas as circunstancias da industria afectada, o Goberno tiñaa obrigación terminante de resolvela. Despois de longas negociacións Ferrol require a atencióndos poderes públicos cunha folga pacífica e unánime, demostrando os seus habitantes unha unanimidadeadmirable e un civismo digno de todo eloxio. E aínda que a actitude do pobo fora dunha sorprendente serenidade,o Goberno trata ós cidadáns de Ferrol como rebeldes, cos cales non se pode nin parlamentar ata quedepoñan a súa actitude. Sen embargo, saben moi ben os nosos gobernantes que en Ferrol, unha vez aseguradoo benestar económico, ninguén cometería actos de ‘sabotaxe’, nin interrompería a marchanormal do traballo…

Todo o cal fainos pensar que se ben Galicia épobre –díxoo o ministro de Obras Públicas– non chega a ser pobre para merecer atención. Haique chegar á miseria. E tamén nos demostra que se a actitude de Ferrol é rebelde, non o éen grao suficiente para preocupar ós ministros como o fai Andalucía. Por iso non se resolveu a criseferrolá, nin ningún problema da nosa terra.

¿Non ten Galicia dereito, dentro do réximeunitario español, cando menos, a un trato de igualdade e incluso de preferencia, posto que os seus habitantesse mostran máis pacíficos e respectuosos cos doutras rexións?¿Convennos seguir unidosna forma actual nunha nación cun Goberno que ten tantas preocupacións, alleas á nosa terra,que non pode atendernos?¿Non estaría máis asegurado o noso benestar se puidesemos soluciona-lonoso problema cos nosos propios medios, libres da sombra tráxica, de conflictos como o de Andalucíaque non ten ningunha relación con nós?¿Non é, evidentemente, a nosa absoluta dependenciado Poder Central un obstáculo para o noso modesto benestar actual?

Velaí as preguntas que debe facerse a simesmo cada cidadán galego. E que non perderán actualidade calquera que sexa a solución definitivada angustiosa crise ferrolá.

P. R. Castro.