1932/06/15 > Universidades españolistas

1932/06/15 > Universidades españolistas


‘Universidades españolistas’.El Pueblo Gallego, mércores, 15 de xuño de 1932.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Épouco case seguro que a parte do Estatutocatalán que ha de suscitar un debate máis movido é a que se refire ó Ensino e especialmenteá Universidade. O catalanismo, como tódolos nacionalismos, xorde de pulos sentimentais, non materialistas,e os seus defensores no Parlamento, que se mostran transixentes en canto se relaciona con cuestións materiais,xa non o serán se se lles quere obrigar a renunciar á creación dunha Universidade que sexao núcleo da vida espiritual de Cataluña. Por outra parte, entre os defensores máis enérxicose intransixentes do ‘españolismo’, atópanse numerosos catedráticos e intelectuais, puco dispostosa facer concesións que vaian contra o imperialismo da cultura e do idioma de Castela que vén a substituír,como símbolo do reaccionarismo español, ó antigo imperialismo militar e monárquico,derrotado xa en tantos campos de batalla. Como xa non se pode conta-la Marcha de Cádiz, entóansecánticos a Cervantes. E o señor Unamuno, nunha recente entrevista, móstrase disposto a gasta-loúltimo home e a última peseta, empregando a forza para evitar que o pobo catalán se ‘suicide’…

A batalla, pois, será ruda, pero sen ningunhadúbida xurdirá a solución máis cordial, sexa esta a Universidade bilingüe ou acreación dunha Universidade catalana ó lado da española. O indispensable, e o que defenderáncon tesón os deputados cataláns, é que se catalanice o ensino para que estea de acordo coascaracterísticas e cos desexos da rexión –única solución liberal e democrática–.Só así poderán se-las Universidades algo máis ca unhas fábricas de licenciados,feitos en serie polo Estado español, converténdose en núcleos de culturas rexionais, cunhaintegración que leve a España a un nivel espiritual máis elevado que o que demostrou nas actuaisCortes, fronte ó problema catalán, moitas das figuras máis destacadas da intelectualidadeespañola.

Pero calquera que sexa a solución definitiva,é preciso insistir sobre un aspecto da cuestión. Se a Universidade –catalana ou galega– non pasaa depender exclusivamente do Poder rexional, as rexións precisarán garantías de que non seráempregada ningunha das súas cátedras como centro de propaganda ‘españolista’, ou base de operaciónspara ataques contra a cultura e o sentimento da rexión. En Santiago de Compostela, por exemplo, dáseo caso –comentado xa nestas columnas por Víctor Casas– de que un catedrático natural de Ciudad Real,emprenda desde o seu posto oficial unha campaña contra unha institución como o Seminario de EstudosGalegos, que é a máis alta expresión da cultura galega. Institución que realiza unlabor abandonado pola Universidade e que goza no estranxeiro dun prestixio que desgraciadamente non alcanza o nosoprimeiro centro de ensino oficial. Non hai que darlle demasiada importancia ó feito de que este mesmo catedráticoprexudique na súa carreira, cun trato inxusto, ós membros do Seminario que teñen a desgraciade verse obrigados a escoita-las súas leccións. Eles serán os primeiros en considerarse honradospola circunstancia de que un antigaleguista os trata como inimigos. Pero de ningunha maneira se pode tolerar queun funcionario do Estado español ofenda os máis fondos sentimentos de Galicia, nin que un inimigodeclarado da nosa terra explique na nosa Universidade –supoño que da forma máis tendenciosa– unhamateria como a Historia de España. Isto non debe consentirse nin aínda baixo un réxime unitario.E nunha rexión autónoma unha Universidade con catedráticos semellantes ó citado –ouó señor Royo Villanova, por exemplo– sería un foco de discordia que fomentaría a desmembraciónda patria ‘con moita máis eficacia ca unha Universidade completamente autónoma…

E vaian unhas advertencias finais para o catedráticoaludido. Ocorréuselle dicir que o emblema do Seminario debía ser un carro de bois. É posibleque como para o citado señor, Galicia é no fondo un país estranxeiro para nós, nonse decate ben durante a súa estancia na nosa terra, que desexamos sexa o máis breve posible, do verdadeirocarácter do noso pobo. Pero eu permitiríame asegurarlles, aínda que pareza estraño,que en último termo non teriamos por qué avergoñarnos do símbolo que nos adxudica.

Observe o señor catedrático queo carro, tirado por bois, foi trazando, a través dos séculos, os camiños que o Estado españolaínda non construíu en Galicia; lea, ou faga que lle traduzan un poema de Cabanillas, ‘Meu carriño’;fíxese na talla de Asorey ‘O Tesouro’; medite sobre aquel debuxo de Castelao, no que un paisano galego,ante un cartel de touros, exclama ‘Lástima de bois’. E pense, finalmente, sobre este ‘feito diferencial’:en Santiago de Compostela circulan polas rúas carros de bois; en Ciudad Real hai praza de touros…

P. R. Castro.