1933/04/08 > Autonomía e democracia

1933/04/08 > Autonomía e democracia


‘Autonomía y democracia’. ElPueblo Gallego, sábado 8 de abril de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Unha nación máis caeu baixo o xugoda dictadura. Trátase dun dos países de maior extensión e número de habitantes do nosocontinente. Só dúas grandes nacións europeas, Inglaterra e Francia, seguen gozando un réximedemocrático e parlamentario. Non negaremos que tamén existen pequenas nacións sometidas adiversas clases de dictaduras, pero trátase case sempre de pobos atrasados, cultural e politicamente, ocal non se pode dicir, por exemplo, de Alemaña. Porque as democracias das pequenas nacións cultas–abonda sinalar a Suecia, Noruega, Romanía, Holanda, Suíza, Bélxica, Checoslovaquia, Irlanda–mantéñense intactas, coma un oasis de civilización entre a nova barbarie que asola a Europa.Con excepcións explicables o réxime democrático demostrou posuír maior solidez naspequenas que nas grandes nacións, tal vez porque as dictaduras atopan un campo máis propicio nospaíses poderosos, con ambicións imperialistas e militaristas, onde o patriotismo, auxiliar indispensabledo absolutismo, ten moitas máis probabilidades de existir ca na pequena patria. E quizais porque a complexidadeda vida política e económica de hoxe impón un límite á extensión de territorioe ó número de cidadáns que poden constituír unha unidade nacional democraticamenterexida.

Sexan estas ou outras as causas deben fixarsenestes feitos aqueles que se brasonan de esquerdistas e pretenden ver un fenómeno reaccionario no rexurdimentodas pequenas nacionalidades. E han de notar tamén que a única oposición seria que o fascismoencontrou en Alemaña ven dos Estados autónomos do Sur, especialmente Baviera, que fixo o posiblepor defende-las liberdades democráticas e só se renden ante a ameaza da forza superior de Prusia.Baviera, autónoma pero non independente, padece como toda Alemaña o absolutismo hitleriano. UnhaBaviera libre seguiría seguramente vivindo baixo un réxime parlamentario. Moi distinta seríaentón a actual situación europea.

Este contraste europeo entre grandes e pequenasnacións corresponde a unha situación comparable, se ben non semellante, dentro do territorio español.O noso goberno prefire non celebrar actualmente unhas eleccións municipais en todo o país e limitaa consulta electoral ás aldeas nas cales os concelleiros foron elixidos polo artigo 29. Non importa saberse tal actitude obedece a móbiles de conveniencia partidista, ou antes a unha elemental prudencia que aconsellaa conveniencia de non perturbar ó país cunha axitada controversia pública que puidera terconsecuencias perigosas. O caso é que os nosos gobernantes –sen ningunha dúbida sinceros demócratas–despois de preto de dous anos de réxime republicano e parlamentario, prefiren limitar todo o posible a áreada contenda electoral.

Mais non sucede o mesmo en Cataluña. Exceptuadada convocatoria de eleccións gracias ó seu réxime autonómico, Cataluña, quepodería imita-lo exemplo de España, disponse, segundo lemos na Prensa, a renovar totalmente os seusConcellos. Os partidos de esquerda que rexen os seus destinos nin teñen medo ó triunfo dos seus adversariosnin cren que as eleccións poidan provocar graves perturbacións da orde pública. Desexan renova-losConcellos precisamente porque opinan que os que agora se elixan serán máis esquerdistas que os actuais.Desta forma Cataluña prosegue o camiño da súa vida democrática normal e disponse acelebrar, despois do plebiscito e das eleccións da Generalitat, o terceiro dos grandes actos cívicosda súa vida autónoma…

Brindamos este contraste entre o Goberno centralde España e o Goberno autónomo de Cataluña a aqueles esquerdistas galegos que combaten a nosaautonomía. Galicia, se os galegos quixesen, podería estar dando agora a España enteira o mesmoexemplo de civismo e democracia que Cataluña lle ofrece.

P. R. Castro.