1933/04/23 > Un momento decisivo

1933/04/23 > Un momento decisivo


‘Un momento decisivo’. El Pueblo Gallego,domingo 23 de abril de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Ó cumpri-la República Españoladous anos de existencia fixéronse nestas columnas diversos balances do que o novo réxime representoupara Galicia –balances adversos para nós en case tódolos aspectos–. Tres cousas fundamentais agardabaGalicia da España republicana. Un trato de igualdade respecto a outras rexións, a autonomíae o arranxamento da vida política, coa destrucción definitiva do caciquismo. Por desgracia, despoisde dous anos de República, ningunha destas esperanzas se realizou. Deixando a un lado a primeira, sobrea cal tanto se dixo xa en El Pueblo Gallego, é interesante observar que o segundo aniversario da proclamaciónda República coincide con dous acontecementos de grande significación na vida de Galicia, que hande considerarse sen perder de vista a relación que teñen entre si e a súa influencia sobreo porvir da autonomía. Refírome á aparente concesión dun decreto para a concesióndun decreto para a celebración do plebiscito e á etapa decisiva no proceso de descomposicióndo Partido Republicano Galego.

Non creo que se demostre unha inxustificada suspicaciaó falar da ‘aparente concesión’ do decreto solicitado, porque o que respecto á autonomíavén acontecendo durante os dous últimos xustifica toda desconfianza e aconsella o maior escepticismo.Non podemos esquecer que hai preto de dous anos celebrouse na Coruña unha asemblea na que se redactou unestatuto, sen ningún resultado eficaz. Seis meses máis tarde reuniuse a Asemblea de Parlamentarios,con carácter oficial, presidida precisamente pola persoa que agora vén a representar ó ministroda Gobernación ante o Comité Central Pro Estatuto. Alí aprobouse un modesto estatuto, apoiadopor deputados de tódolos partidos, pero o único resultado daquela reunión ‘histórica’foi a entrega dun rolo de papel polo señor Paratcha ó presidente da Deputación da Coruña.Despois daquelas palabras emocionantes, promesas abundantes e compromisos solemnes non sucedeu absolutamente nada.Un misterio rodea á desaparición do Estatuto de Parlamentarios. Nin un mitin de propaganda –salvoos do Partido Galeguista– nin unha palabra de explicación. Logo tras un ano de silencio celébrasea Asemblea de Santiago, convocada non polos que estaban obrigados a facelo senón polo municipio compostelán.Máis discursos, promesas e compromisos. Despois traizóns e deslealdades duns, indiferencia doutrose pasividade absoluta do P.R.G. e do seu representante no Goberno. E tras catro meses de silencio, durante os calesnon tiveron resposta as preguntas dos representantes de Galicia, no mesmo día de remata-lo prazo sinaladopolo Comité Central ó Goberno, dásenos unha contestación que é necesario cualificarde ambigua, tendo en conta de onde procede. Non vén o decreto solicitado, nin se sabe a data do plebiscito.Dise que xa redactará normas o Comité e a data queda, por agora, sen determinar…¿Estáou non xustificada a desconfianza?¿Non chegou o momento de falar con toda claridade para que quede disipadadunha vez a confusión que se creou en torno á autonomía?

E non esquezamos que a confusión aumentaaínda máis se se observa o actual estado do partido que ha de ser, co galeguista, principal instrumentoda campaña autonomista. A descomposición do P.R.G., motivada en parte pola infiltración nassúas filas de elementos procedentes do máis desprezable caciquismo, e en parte tamén por encontradasambicións persoais, culminou recentemente na disolución de importantes grupos do partido, a separaciónde numerosos afiliados, entre eles algúns deputados, e toda unha serie de recíprocas inhabilitacións,desautorizacións e emprazamentos. Todo isto sen que por desgracia obedeza a unha loita de nobres ideaispolíticos, nin a opostas tendencias de grandes sectores de opinión. Trátase, todo o máis,de cen señores que discuten acaloradamente con outros cen –se ben a algúns, moi poucos, non debemosnegalo, que combaten por algo máis decente, máis democrático e máis republicano queo que actualmente impera no seu partido–. Mais o feito é que Galicia vive sometida a un novo caciquismo,ou máis ben ó antigo caciquismo adaptado ó novo réxime, en medio de rancorosas rivalidadespersoais e nun ambiente de maquiavelismo rural. Os demais partidos hispano-galaicos non superan ó P.R.G.en cohesión, en ideais ou en galeguidade. O espectáculo é ben lamentable pero nada se gañacon pecha-los ollos ante el. Esta non é Galicia, esta non é a auténtica realidade galega,pero é a triste realidade política de hoxe.

¿Non é este un momento no cal, antea gravidade da situación, e a súa influencia decisiva na vida futura de Galicia, é necesarioque o galeguismo medite serenamente cál ha de se-la súa actitude? Lembremos que o Partido Galeguistaviuse durante ano e medio, privado de loitar sen tregua contra todo o que ten que combater en Galicia, obrigadoa limita-la súa actuación e a restrinxi-lo ton da súa propaganda pola feble esperanza de quese puidera conseguir para o noso país un mínimo de autonomía, que está lonxe de satisface-lasnosas aspiracións. Pénsese que os nosos aliados na campaña plebiscitaria deron probas de indiferenciae ata de deslealdade na cuestión autonomista e que aínda hoxe non quixeron fixar definitivamenteas normas que han de rexe-lo acto plebiscitario. Medítese sobre a actual ineficacia política do PartidoRepublicano Galego, sen esquecer que unha campaña conxunta podería representa-lo descréditoante a opinión dos galeguistas que se visen obrigados a actuar en mitins con elementos ós que portódolos conceptos teñen que combater e que son completamente incompatibles con toda políticasa e democrática. E obsérvese, finalmente, que despois de todo isto pode fracasa-la campañaplebiscitaria, non porque a opinión galega deixe de ser favorable á autonomía, senónporque non podemos ter plena confianza en quen non deu ata agora probas da lealdade e entusiasmo necesarios paracumpri-las condicións, excepcionalmente e intencionadamente difíciles, que a Constituciónimpón. Nesta hora, unha das máis tristes da historia de Galicia, vale a pena que os galeguistas pensenben o que deben facer e se sintan plenamente seguros de que non van ser defraudados unha vez máis, aíndaque a decisión que resulte da súa meditación supoña o recoñecemento dunha equivocaciónpasada. É posible que chegara o momento de enfrontarse dunha maneira nova co problema da liberaciónde Galicia. Noutro artigo tratarei de expresar, con toda sinceridade, cál é, ó meu xuízo,a posición que o galeguismo debe adoptar.

P. R. Castro.