1933/05/06 > A conveniencia de celebra-lo plebiscito

1933/05/06 > A conveniencia de celebra-lo plebiscito


‘La conveniencia de celebrar el plebiscito’.El Pueblo Gallego, sábado 6 de maio de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Un aspirante a polemista, que despois de demostrarsepartidario da autonomía na Asemblea de Santiago, pretende agora erixirse en líder da campañacontra o Estatuto, pregunta nun artigo publicado nun xornal rexional qué razóns pode haber para quese celebre o plebiscito. Segundo el, non pode vir o Estatuto máis que de dúas maneiras –ou por unfraude electoral, acto do que estima incapaz ó señor Casares, ou polo entusiasmo unánime deGalicia, que ó seu xuízo non existe porque só queren a autonomía uns cantos que venno Estatuto ‘rico campo de colocación política’. E di como en Galicia nunca chegan a vota-las dúasterceiras partes do Censo, a única utilidade do plebiscito sería a de permitir, despois do fracasoda votación, que o P.R.G. suprimise do seu programa a aspiración autonomista.

Non merece recollerse a alusión que faia quen fai a quen veu dedicando desinteresadamente toda a súa vida á causa da liberdade de Galicia,porque ata para inxuriar é preciso ter certo prestixio, e non o pode ter que non vacilou en poñerseás ordes do máis desprestixiado personaxe que actúa na política española, subordinandoos intereses máis vitais de Galicia ás conveniencias políticas dun partido. Pero ósseus restantes razoamentos débese contestar coa máis completa claridade.

Os motivos do P.R.G. e do seu representante noGoberno, ó convocar a un plebiscito ou deixar de facelo, non temos por que investigalos aqueles que nonpertencemos a ese partido, e que ademais non vemos a política galega como unha loita polo poder entre dousbandos opostos, senón, nestes momentos, como un medio para logra-la autonomía de Galicia. Soamentedebemos declarar, os que somos galeguistas, cál será a nosa actitude en cada caso, e non creo quesexa unha indiscreción dicir qué posición é probable que o Partido Galeguista adoptedentro de poucos días respecto a esta cuestión.

Se o decreto non se publica é evidenteque o Partido Galeguista, despois do amplo prazo transcorrido desde a Asemblea de Santiago, verase obrigado a desligarsede toda xestión relacionada co Estatuto, e iniciará unha activa campaña contra quen por neglixenciaou por deslealdade sexan culpables de que Galicia non obteña a autonomía. Como nacionalistas nonestamos subordinados politicamente ás disposicións constitucionais que afectan ás autonomíase deben se-los partidos autonomistas os encargados de entenderse co Goberno de España. Só poderemosface-lo ofrecemento de que, se algún día se inicia unha campaña plebiscitaria que teñacomo base un Estatuto non menos amplo que o aprobado en Santiago, achegaremos para o seu éxito cantos mediosestean ó noso alcance, reservando, sen embargo, a nosa absoluta independencia dos demais partidos na propagandaque se leve a cabo.

Se o decreto sae, e se axusta ás normasindicadas polo Comité central Pro Estatuto, os galeguistas estarán dispostos a colaborar con todoentusiasmo na campaña plebiscitaria, sempre que o citado Comité indique, dentro dun prazo razoabledespois da publicación do decreto, por exemplo un mes, cál ha de se-la data en que se celebraráo plebiscito, e deixe para a propaganda un espacio de tempo todo o extenso que se queira, pero sen que quede indeterminadaunha vez máis a terminación da campaña.

¿Quere isto dicir que os galeguistas somospartidarios do fraude electoral? De ningunha maneira. É evidente que nos enchería de satisfaccióno feito de que as dúas terceiras partes dos cidadáns galegos acudisen ás urnas para votara favor da autonomía. Pero como somos demócratas non nos resignamos a contentarnos, como o fai onoso contrincante, co cómodo argumento de que se debe renunciar á consulta plebiscitaria porque enGalicia nunca votaron as dúas terceiras partes do censo. Compréndese que se coloquen en tal actitudeos que desexan que perdure o centralismo, o caciquismo, a falta de cidadanía, posto que así sabenque seguirán tendo, nunha Galicia submisa, un campo fértil para as súas ambicións,que non van máis aló da substitución dun caciquismo hostil polo propio caciquismo. Pero nós,que aspiramos tamén ó triunfo, aínda que por outros camiños –é dicir, candoa opinión pública se convenza de que témo-la razón– non temémo-lo resultadodo plebiscito aínda que a votación non alcance a cifra desexada. O fracaso será relativo een todo caso cremos que non será o autonomismo o que sufra a derrota, senón o antiautonomismo, queobtería unha votación realmente ridícula.

¿Cal sería a situación deGalicia se o plebiscito fracasase, neste sentido, é dicir se non se conseguise a proporción de votosfavorables que a Constitución esixe? Ó meu entender, moito máis satisfactoria que se se renunciaó intento de consegui-la autonomía. Vivimos baixo unha Constitución que é completamenteantidemocrática en canto se relaciona coas liberdades rexionais posto que entrega os destinos dun paísós indiferentes, exactamente como o acaba de facer a dictadura portuguesa. Non respecta a vontade da maioríados votantes. Pero se se obtén un resultado plebiscitario –como nós confiamos– que demostre que unscentenares de millares de galegos reclaman a autonomía e só unhas decenas de miles non a desexan,estará Galicia, segundo tódalas normas democráticas, nunha posición extraordinariamenteforte ante España e, o que é máis importante, adquirirá unha nova conciencia de simesma e unha confianza robustecida nos seus propios destinos. Os cidadáns de Galicia estarán xa adestradosno exercicio das súas funcións cívicas. O resultado suporía un triunfo moral para acausa autonomista e para cantos partidos –non só o galeguista– interveñan na campaña estatutista.

É verdade que, fracasado o plebiscito,Galicia tería que agardar cinco anos antes de realizar un novo intento. Pero tampouco é de suporque se agora non se chega a celebra-la consulta á opinión galega, esta teña lugar dentro dunprazo máis breve. E en todo caso aproveitaríase o labor realizado, quedarán legalizados osacordos da Asemblea de Concellos e constará a afirmación democrática da vontade autonomistade Galicia.

É interesante observar dúas circunstanciasde actualidade relacionadas coa cuestión da autonomía. Vemos en primeiro lugar que os adversariosdo Estatuto, ó mesmo tempo que afirman que o plebiscito fracasará, teñen gran empeñoen evitar que se celebre. ¿Por que, se están tan seguros do fracaso do plebiscito, renuncian a estamagnífica ocasión de consegui-la derrota dos seus inimigos? E fixémonos tamén na alianzade elementos antiautonomistas –melquiadistas, dereitas e radicais ’emilianistas’– nas recentes elecciónsmunicipais. As consecuencias son evidentes e non deben deixar de telas en conta os partidos republicanos partidariosda autonomía. Todo isto significa que a autonomía de Galicia é hoxe unha causa esquerdista,que os inimigos do Estatuto séntense vencidos e que a campaña plebiscitaria sería o máisadecuado campo para dá-la batalla á rección e aqueles elementos republicanos que se alíancon ela para consegui-los seus obxectivos mesquiños de triunfos políticos persoais. ¿Por que,entón, non fan todo o posible eses partidos políticos, republicanos, esquerdistas e autonomistas,para conseguir que o plebiscito se celebre axiña?

P. R. Castro.