1933/05/20 > A mellor homenaxe

1933/05/20 > A mellor homenaxe


‘El mejor homenaje’. El Pueblo Gallego,sábado 20 de maio de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Por fortuna non deixou de celebrarse na Coruña,cidade tan intimamente ligada á memoria de Murguía, un acto que estivese espiritualmente en harmoníacoa personalidade do historiador de Galicia.

A magnífica conferencia pronunciada naReunión de Artesáns por Álvaro Cunqueiro tivo a virtude de situar a Murguía na posiciónque lle corresponde dentro das correntes da Filosofía da Historia no século xix, o que realza o seucarácter de precursor do rexurdimento nacional de Galicia. Murguía foi un dos historiadores que endiversas nacións de Europa buscaron no pasado das pequenas patrias oprimidas os elementos que habíande inspira-lo renacemento das células da universalidade que han de forma-la única base posible dunhaEuropa moderna, civilizada e pacífica. E o seu centenario coincide coa confirmación prácticada tese que deixou sentada na súa obra…

Debemos felicitarnos de que se realizara esteacto tan acorde co espírito de Murguía porque hai que recoñecer que as demais cerimonias proxectadasou xa celebradas son algo frías, parecen obrigadas, non teñen ningunha relación co íntimosignificado da data. Todo acto desta índole ha de acollerse con agrado, xa que revela que as realidadesdo momento actual da nosa terra vanse impoñendo, mesmo a aqueles que ven con menos simpatía todoo que murguía representou e representa. Pero non podemos considerar que é digna do historiador ainauguración oficial e fría dun monumento sen que soara unha voz no idioma do país para orexurdimento do cal dedicou Murguía o seu labor, sen que se oísen os acordes do Himno que Galiciafixo seu, sen que se escoitasen as palabras, que serían sinceras e emocionadas, de alguén que sentisefondamente a causa da cal foi Murguía precursor.

Se debemos darnos por satisfeitos cunha proxectadacerimonia relixiosa –ignoro se pasará do proxecto– na cal un eminente orador sagrado pronunciaráunha oración fúnebre sobre a obra do venerable historiador. E non pode parecernos enteiramente loableo propósito de celebrar unha velada para que nela nos dirixa a palabra ‘unha figura de prestixio nacional’.Porque na forma de anunciar este acto hai unha insinuación –tal vez intencionada– de que para enxalzar debidamentea Murguía é preciso importar personalidades de fóra de Galicia; e suponse que o prestixioé algo que non ten que vir mandado de Madrid, como os gobernadores, porque só alí pode unintelectual adquirir esa categoría privilexiada.

Nada máis oposto ó significado davida e obra de Murguía, home que preferiu dedicar a Galicia todo o seu esforzo e que xamais se preocupoude alcanzar ‘prestixio nacional’. Consagrouse a Galicia esquecendo toda conveniencia material e toda mesquiñavaidade. E niso precisamente reside unha das causas que han de xustifica-la nosa homenaxe –en que dedicou as súasactividades non a conseguir o propio ‘prestixio nacional’, ó que o seu talento lle daba dereito, senóna contribuír ó prestixio da Galicia que sentía como patria e como nación…

Non é con fríos monumentos, quesexan unha lousa sobre a súa memoria, como se debe honrar debidamente a Murguía. Nin tampouco considerándoocomo unha especie de gloria cívica cunha grandeza que, reflectida, dá prestixio á cidade enque viviu. Nin serven as oracións fúnebres para un home cun espírito que, lonxe de morrer,segue animando a cantos hoxe loitan pola liberdade de Galicia e polo seu rexurdimento nacional. A arela dunha Galicialibre inspirou o labor do grande precursor. Non é soamente que na súa obra se atopen as bases paraa afirmación da nacionalidade galega, senón que expresamente declarou o seu Credo plenamente nacionalista.Entre as numerosas afirmacións desta índole que poderían aquí lembrarse, abonda cita-laspalabras que pronunciou nos Xogos Florais celebrados en Tui hai corenta anos. Alí afirmou que no idiomagalego ‘como vaso sagrado en que s´axuntan todol-os recendos, háchanse os principaes elementos danosa nacionalidade de novo negada e, aínda máis escarnecida’. Alí declarou que ‘n`esta terracon límites naturaes, con raza, con lingoa e historia propias; aquí onde é tan perseverantea fidelidade con que agardamos os recordos do que podemos chamar o noso paraiso, aquí, señores, nonimportan nin poñen medo as ásperas palabras dos que se din nosos amos’.

Velaí porque se lembra, porque merece lembrarse,a Murguía. Non por ser un erudito máis, senón por ser un galego consciente dos destinos dasúa patria. O recordo dos galegos que souberon uni-la súa vida ou a súa morte á causade Galicia –Pardo de Cela, Faraldo, os mártires de Carral, Murguía e tantos outros– é inmortalpor ir os seus nomes unidos a unha idea eterna –Galicia–. Viviron e traballaron, e non o fixeron en van, porqueexistiron en interna harmonía coa súa terra.

E o que acontece na historia segue sucedendo hoxe.Aqueles que non están a ton con ese espírito de Murguía non poden, aínda que queiran,renderlle a Murguía a homenaxe que merece. As cerimonias terán todo o aparato externo que se queirapero carecerán de alma. O que exalta a Murguía sen comparti-los seus afáns, é dicirsen ser nacionalista, ou cumpre unha misión obrigada ou non se dá de conta do que fai. E a alma queas homenaxes precisan para ter algún contido só poden dála aqueles que seguen loitando porqueGalicia sexa a nación sen amos que Murguía soñou. A homenaxe máis elevada que óprecursor podemos render é a de procurar que no ano do seu centenario Galicia inicie o proceso da súaliberación. E a homenaxe persoal de cada galego que realmente pensa honrar a Murguía consistiráen sentir a Galicia como el a sentiu, como nacionalista.

P. R. Castro.