1933/06/10 > Tregua ou loita

1933/06/10 > Tregua ou loita


‘Tregua o lucha’. El Pueblo Gallego,sábado 10 de xuño de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Dous recentes editoriais de El Pueblo Gallego sinalaronós partidos políticos que en Galicia actúan cál é o seu deber nos actuais momentosó invitalos a declarar unha tregua política que asegure o resultado favorable do plebiscito galego.Se eses partidos son algo máis que bandas contrarias de caciques, grupos de persoas que contenden unicamentepor ansia de poder, se teñen algún contido ideolóxico, non deben desatender calquera invitacióná cordialidade. Non significará a tregua que renuncien no máis mínimo a futuras loitasen política nacional ou rexional. Pero tratándose da autonomía sería verdadeiramenteabsurdo que se establecese unha contenda política partidista. En primeiro lugar non se trata dun Estatutode partido. Colaboraron na súa formación e aprobación personalidades e Concellos de tódalasideoloxías. O proxecto axústase ós límites que a Constitución españolasinala para as autonomías rexionais. En tales circunstancias é difícil comprender quérazóns podían alegar para opoñerse á autonomía de Galicia os partidos que nasCortes votaron primeiro a Constitución e despois o Estatuto de Cataluña, e que ademais se comprometeronna Asemblea de Santiago a colaborar no labor autonomista. Neste caso áchanse os principais partidos nacionaisque en Galicia actúan –e entre eles son varios os que defenden nos seus programas as reivindicaciónsautonomistas. Os partidos rexionais, dado o carácter autónomo que é un dos fundamentos dasúa existencia e por estar inspirado o seu programa en ideais galeguistas, teñen a obrigaciónineludible de traballar con todo entusiasmo polo éxito do plebiscito. Polo tanto se se dá o casode que algún partido se negue a aceptar unha tregua política e a prestar a súa axuda ácampaña autonomista, saberá a opinión que a súa actitude non pode responder a nobrespulos ideolóxicos, sempre respectables. Obedecerá, se tal posición adopta, a móbilesmoito máis mesquiños –envexas e rivalidades persoais, afáns de crearse unha plataforma política,aínda que sexa a costa do benestar de Galicia.móbiles cunha pequenez que non lograrán encubrircoa bandeira do patrioterismo, porque é evidente que non pode ser anti-español un Estado que a propiaConstitución autoriza. Nin lles servirá suscita-la controversia entre dereitas e esquerdas, xa queo Estatuto, froito da Constitución e por esta limitado, non é nin máis dereitista nin máisesquerdista que a Constitución mesma. E tampouco é probable que logren convencer á opinióngalega de que a Galicia non lle convén unha autonomía que outras rexións, máis educadaspolítica e economicamente que a nosa, reclamaron enerxicamente.

Convén certamente que cada un se defina,que saibamos quen son os defensores e quen os inimigos da autonomía de Galicia. Para isto nada máisoportuno que a invitación á tregua. Non é de esperar que a iniciativa xurda de ningúnpartido político. Existe, sen embargo, por virtude da Asemblea de Santiago e do recente decreto sobre oplebiscito, un organismo sen carácter político que é superior ós partidos –o ComitéCentral, recoñecido polo propio Estado como director da vida de Galicia neste aspecto e encarnaciónda súa vontade autonomista. Só do Comité pode vir o chamamento á cordialidade, senque sexa tan sequera necesario que o faga explicitamente. É suficiente que pida a colaboración decada un dos partidos que en Galicia actúen e que lles pida que indiquen cál será a súaachega á propaganda oral e escrita a favor do Estatuto. Quen se negue a atender tal requirimento declararasefrancamente inimigo da autonomía. E se algún partido adopta semellante actitude, a consecuencia sópode ser unha –a unión contra ese partido, cando menos ata a data do plebiscito, de tódalas organizaciónspolíticas que defenden a autonomía, unha coalición de partidos autonomistas e republicanosde esquerda, rexionais ou nacionais, contra aqueles, esencialmente reaccionarios, que se dispoñan a loitarpola continuación do centralismo, o que equivale a imposibilita-la republicanización de Galicia,o seu progreso material e a súa incorporación á vida democrática e cidadá.

Benvida sexa a tregua se é posible conseguila.Pero se non o é tampouco debemos renunciar á empresa. Tal vez non poida sen ela alcanzarse a votaciónque a Constitución esixe. Pero lograrase, cando menos, libra-la batalla contra os inimigos da autonomíano terreo máis favorable, onde máis difícil lles será realiza-la súa propaganda,facendo fronte cunha forte coalición de partidos. Na confusión inevitable dunhas elecciónsnon será tan doado organiza-la fronte autonomista.

Estou plenamente convencido de que calquera partidoque, nestas condicións, se atreva a emprender unha ofensiva contra o Estatuto, aseguraría a súapropia eliminación da vida política de Galicia. Conseguiríase unha considerable votacióna favor do Estatuto fronte unha cifra ridiculamente reducida de votos adversos –un resultado que aínda quenon chegase a satisface-las esixencias da Constitución, sería unha afirmación democrática,maioritaria, da vontade de Galicia de ser dona dos seus propios destinos. E en todo caso nada estaría perdido.Porque se ben sería preciso un intervalo de cinco anos antes de consultar novamente á opinión,moito máis longa será a espera se Galicia deixa pasar esta oportunidade de consegui-la súaautonomía.

P. R. Castro.