1933/07/25 > Transixencia incomprendida

1933/07/25 > Transixencia incomprendida


‘Transixencia incomprendida’. El PuebloGallego, martes 25 de xullo de 1933.

Un importante partido político –iñorosi se trata da súa fracción oficial ou desidente porque vai sendo imposibre entender a clasificacióndas forzas políticas en Galicia– quer xustificar a sua actitude de oposición ao Estatuto, presentándoocomo unha obra do nacionalismo galego que o utilizará como medio para chegar ao separatismo e â independenciade Galicia…cabería discutir si o nacionalismo ten un carácter arredista ou si a sua visióndo estado hespañol non é a única que faga posibre unha verdadeira unidade. Poderiamos taménindicar aos nosos adversarios que o seu razonamento representa un erro político porque nos fan o favor deconcedernos unha excepcional importancia, posto que por medo ao nacionalismo chegan a renunciar â Autonomíaque profesan chegar.

Pero cometen ademais o erro de colocarse n–unhaposición completamente contraria ao que queren defender. Un pouco de transixencia pol–a sua parte seríao medio máis doado de evitar a posibilidade d–un trunfo separatista. E n–ese camiño de transixenciaatopáronse coa axuda sinceira dos nacionalistas.

Vexamos si os feitos xustefican a acusaciónque contra nós se dirixe. Ninguén pode negar que dende que a implantación da Repúblicafixo posibre a autonomía de Galicia, os nacionalistas colaboraron sempre en todo intento de acadar paraa hora tersa un Estatuto por bundado que fose. Non é esta unha posición arredista. Procedendo comoseparatistas os nacionalistas terían feito todo o posibre por poñerlle obstáculos ao procesoautonómico, que xa estaría detido si lle fallase o apoio do galeguismo. Si o nacionalismo fose egoistae puxese os seus intereses políticos por enriba das conveniencias de Galicia desexaría a continuaciónd–unha Galicia sometida a un………..unitario, sin defensa posibre contra o centralismo, obrigada a sufrir asconsecuencias d–unha política inxusta e desacertada. Entón si que Galicia se faría separatistae o seu pobo, deixando aos partidos nacionaes, se incorporaría aos que propugnasen a sua absoluta independencia.

Pero os nacionalistas teñen un outo sensode responsabilidade que non lles permite iñorar as urxentes necesidades do pobo e os graves perigos queo ameazarían si non chegase agora a ser autónomo. Non queren sacrificar a un pobo, contribuir âsua miseria material, aínda que sexa en aras d–un ideal que consideran o máis nobre que eisiste nanosa terra. Pensan que o mellor para Galicia sería a independencia, coidan que a opinión galega chegarátamén a comprendelo así, pero non están dispostos, por intransixencia, a que Galicia perdaa oportunidade de obter un medio de se gobernar algo mellor que agora, unha posibilidade de defensa do seu espíritoe da sua economía, unha garantía contra o desgoberno que soporta baixo o centralismo.

Esta é a posición do nacionalismogalego, enteiramente franca e nidia e sinceira. A sua transixencia ao aceptar o Estatuto é maior que a deninguén. Porque o Estatuto –compárese co programa nacionalista– non concede ningunha das suas reivindicaciónsesenciaes. Lonxe de ser un medio de chegar ao separatismo representa a única posibilidade de que Galicianon se arrede de Hespaña, a única fórmula capaz de producir a convivencia de Galicia no estadohespañol. É evidente que os nacionalistas seguirán defendendo as suas ideas dentro d–unhaGalicia autónoma. Pero veranse privados de algúns dos seus principaes argumentos, dos flejonamentoscapaces de chegar ás masas e movelas. Estarán obrigados a emprender unha longa etapa de regaleguizaciónde Galicia e de orgaización i–estímulo do galeguismo latente do noso pobo, tan longa que cecais nonvexa o seu remate e ningún dos que hoxe loitan por esa causa.

Transixencia e sacrificio e non solo de ideaissinón de posicións políticas ventaxosas porque por un senso de responsabilidade arrincan os……………….(redima)…………………………………………..entroques a unha longa loita na que podemos non trunfar si os demais partidos políticos non responden ao nosoxesto, a responsabilidade será sua.

Serán culpabres da rruiña de Galiciae de que a disespranza leve aos gallegos a seguir un reino moito máis extremo que o do autonomismo. E cecaisrectifiquen así un erro de táctica política do nacionalismo e lle fagan ao arredismo un favorque somentes máis adiante chegarán a comprender.

P. R. Castro.