1933/08/04 > A política exterior de Galicia

1933/08/04 > A política exterior de Galicia


‘La política exterior de Galicia’.El Pueblo Gallego, venres 4 de agosto de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


A recente visita de nacionalistas vascos ecataláns –continuación de estreitas relacións pasadas con Galicia e preludio dunha máisintensa colaboración, agora que un organismo de enlace coordinará as súas actividades– serviupara poñer de relevo unha das máis importantes misións que Galicia está chamada a cumprirfóra das súas propias fronteiras. Os actos de confraternidade que sinalaron esta visita encerranunha significación innegable tanto para os nacionalistas como para os seus adversarios.

Homes de tres pobos separados por grandes distancias,que viven en diferentes ambientes materiais e espirituais, que falan idiomas distintos, con dispares ideolóxicospolíticos e crenzas relixiosas, que interpretan movementos políticos diferentes, acharon óreunirse unha coincidencia absoluta no esencial que fixo vibra-los seus espectros cunha mesma emoción. Encontraronque lles inspiraban no fondo idénticos sentimentos, de tal intensidade, que se sobrepuñan a todadiferencia e facían soar como unha soa as tres voces nacionais. E aventúrome a afirmar que a emociónacesa nestes actos polo amor de cada un á súa terra non podería xamais igualarse nunha reuniónde españois, reunidos como tales e renunciando á súa calidade de vascos, cataláns ougalegos, aínda que os unise unha común ideoloxía política.

Nin sequera puido causar unha divisióna obsesión da loita relixiosa que hoxe imposibilita a convivencia dos españois. Laicos e ateos galegosdescubriron que estaban moito máis identificados cun católico vasco nacionalista –católicoalí precisamente polo nacionalismo– que con outros laicos galegos sen espírito galeguista. E desdelogo moito máis próximos ó católico vasco que ó católico galego desnacionalizado,sen ideas galegas –o que equivale a dicir sen ideas propias–, que vive de opinións importadas, instrumentoda reacción española, inimigo de Galicia…

A través destas cordiais relaciónsnacionalistas vímo-la confirmación da nosa opinión de sempre, corroborada xa polo fracasoda cordialidade republicana, tan patente nestes días. Reforzouse o noso convencemento de que a únicaesperanza de fraternidade ibérica, a única posibilidade de crear un verdadeiro patriotismo e un xenuínoespírito español integrados polas culturas de cada pobo, reside na liberación destes pobose a intensificación das súas características peculiares.

Pero para Galicia non constitúe todo istosenón unha das facetas das súas actividades externas. Ten aínda por cultiva-lo campo das relaciónscos pobos lusitanos de ambos lados do Atlántico –que non atopan polo de agora expresión constantemáis ca en aproximacións turísticas e de verán que son sen embargo un síntomade proximidade espiritual de ambos pobos. E Galicia ten ante si asimiladas posibilidades de estreita-los lazosespirituais que a unen a outras terras célticas de Europa, acaso chamadas aínda a dar ó mundoun novo concepto de civilización, unha nova modalidade cultural e sentimental…

Todo isto poderíao facer Galicia sendogalega.

Inspirándose nese nacionalismo que os inimigoschaman separatismo, cando é verdadeiramente o noso punto de contacto co mundo. Galicia galeguista non sóterá unha intensa vida propia, senón que se atopará ligada a un conxunto de pobos ibéricos,a unha comunidade de países galaico-lusitanos, a unha irmandade de terras célticas –que proxectaráen cada un o seu espírito propio e que reciba de cada un o estímulo peculiar da súa cultura.É dicir, que terá unha verdadeira e xenuína política exterior.

Pero sen ser galega non pasará Galiciade ser un anaco de territorio do Estado español, sen alma propia, flamenquizada pouco a pouco e que posuirácomo aspiración máxima a de caciquear con máis ou menos eficacia nos Ministerios madrileños.Velaí o universalismo dos nosos adversarios.

P. R. Castro.