1933/08/17 > Estatuto e nacionalismo

1933/08/17 > Estatuto e nacionalismo


‘Estatuto y nacionalismo’. El PuebloGallego, xoves 17 de agosto de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Aqueles inimigos da autonomía de Galiciaque xa non se atreven a combatela abertamente pretenden agora crear un estado de opinión contrario óEstatuto ó denuncialo como nacionalista. E teñen incluso o atrevemento de anunciar mitins autonomistascontra o Estatuto. Ata ese punto chegou a mala fe e a hipocrisía.

Pero dubidamos que esa táctica dea resultado.Os espíritos están o bastante espertos, a intelixencia media o suficientemente elevada, para quefracasen as propagandas políticas realizadas a base de frases explosivas e altisonantes. Os oíntespiden feitos concretos, datos convincentes e irrefutables. Cousa que xamais se ocuparon de presentarlles os adversariosdo Estatuto. Non sei se porque saben que non din a verdade ou porque non se tomaron sequera o traballo de ler aConstitución nin o Estatuto.

De tódalas formas o certo é queunha comparación do Estatuto coa Carta fundamental da República demostra a absoluta constitucionalidadedo primeiro; e que o Estatuto galego, se algún exceso contén, aínda ha de pasar polas Cortesespañolas, en consecuencia, ou son nacionalistas galegas e catalanas a Constitución e as Cortes ounon acertamos a comprender cómo pode selo o Estatuto galego.

Pero existe unha proba aínda máisconvincente. Cantos seguiron –coa atención que deben prestarlle os que pretenden ter autoridade para intervirnestas cuestións– os trámites da elaboración do Estatuto lembrarán que o Partido Galeguistapresentou unha serie de emendas que foron retiradas para facilitar un acordo. Citemos tan só as máisimportantes do Estatuto cos artigos correspondentes de Estatuto.

O Partido Galeguista desexaba que constase que’A nación galega orgaezase autonomamente dentro da Repúbrica Hespañola con arregro ao presenteEstatuto’. O cal quedou no artigo primeiro reducido a isto: ‘Galicia se organiza como región autónomaen el Estado español con arreglo a la Constitución de la República y al presente Estatuto’.

Os galeguistas desexaban que se dixese: ‘O galegoserá considerado como idioma oficial de Galicia sin perxuicio do que con respecto ao emprego do castelándespoña a Constitución da República’, mentres que o artigo correspondente declara idiomasoficiais en Galicia o castelán e o galego.

Un voto particular do Partido reclamaba para Galiciatódalas atribucións que o Estado non se reserva. O estatuto non recolle nin sequera tódalasfacultades que a Constitución concede.

Respecto ó ensino, pretendía o PartidoGaleguista que Galicia o regulase libremente en tódolos seus graos, especialidades e clases, salvo o dispostona constitución. Desexaba así mesmo que o ensino se dese na lingua materna do neno, para aprende-losegundo idioma máis tarde. Todo isto quedou reducido no Estatuto a que a rexión poida crear e rexerestablecementos docentes –pero se entregarlle os do Estado–, a que sexa obrigatorio o ensino das dúas linguasnas escolas primarias e a posibilita-la creación pola rexión de cátedras en Normais, Institutose Universidades dedicadas ó estudio de cuestións galegas.

Ben clara está en cada caso –e estes sonaspectos quentes da cuestión– a distancia que media entre o proposto polo Partido Galeguista e o que noEstatuto quedou estampado. Non se ve o nacionalismo por ningunha parte –a non ser que se pretenda tachar de nacionalismoá indispensable adaptación do ensino ás realidades do pobo, ou á oficialidade concedidaó idioma galego. Quen se opoña a isto, coñecendo a vida da nosa terra non será xa tansó un antinacionalista senón inimigo da democracia. O que realmente sucede e que hai persoas queconsideran nacionalista toda clase de autonomía por temperada que sexa. O cal é posible que sexacerto. Pero entón os nosos adversarios deben ser sinceros e presentarse francamente co seu verdadeiro carácterde contrarios e centralistas.

E conste finalmente que as emendas citadas nonson nacionalistas. O Partido Galeguista non actuou na Asemblea de Santiago dun xeito nacionalista, senóntendo en conta a letra da Constitución. Doutra forma non se preocuparía nin da Constituciónnin das Cortes nin de ningún Estatuto concedido. O nacionalismo só pode afirma-la vontade dun pobode ser libre, e a súa liberdade para organizarse como queira, sen ter en conta para nada leis ou disposiciónsque emanen dunha soberanía allea ó seu territorio, porque non pode recoñecer máis soberaníaque a do pobo de Galicia.

Hai pois unha profunda diferencia entre o nacionalismoe a actitude do Partido Galeguista na Asemblea. E unha considerable distancia entre esa actitude –reflectida nassúas emendas– e a letra do Estatuto. A parte de que non pode ser nacionalista a colaboración na creacióndun Estatuto concedido polo Estado e non emanado da vontade galega. Quen afirme, polo tanto, que o Estatuto énacionalista, ou non di a verdade ou non ten a máis remota idea do que é o Estatuto. E en calquerados dous casos engana e descoñece á opinión galega en momentos que esixen claridade e sinceridade.

P. R. Castro.