1933/09/08 > Pretextos inadmisibles

1933/09/08 > Pretextos inadmisibles


‘Pretextos inadmisibles’. El PuebloGallego, venres 8 de setembro de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Se o Partido Galeguista non tivese xa suficientesmotivos para xustifica-la grave resolución que adoptou ó apartarse da colaboración con outrospartidos que se adheriron teoricamente á campaña autonomista, bastarían para obrigalo a colocarsenesa actitude a nota oficiosa da última reunión do Comité Rexional do Partido RepublicanoGalego, presidida polo señor Casares; e unha carta do presidente da Deputación coruñesa, recentementepublicada.

O P.R.G. que xa faltou novamente a unha promesade inicia-la campaña autonomista ‘sen novas dilacións’, ó non celebrar nas datas indicadasos mitins autonomistas anunciados na citada nota, revela nela un criterio que é igual ó que expoñenos peores inimigos da autonomía e de Galicia. Despois de dous anos de inactividade, durante os cales nonse ocupou de facer propaganda da autonomía, alega o Partido a falta de ambiente que nada fixo por creare escúdase neste argumento para aprazar indefinidamente o plebiscito.

E agora unha persoa tan autorizada como o señorInsua, seguindo a orientación indicada na nota e sinalada xa polo xefe do Partido nas Xornadas Médicasde Lugo, supedita a continuación da campaña autonomista á publicación previa duns folletos’en que se estudien los problemas que el nuevo régimen autonómico ha de plantear a Galicia’, a edicióndos cales sería a achega das Deputacións Provinciais á obra estatutista. Excelente idea ado señor Insua. Pero non debe ignorar calquera persoa que seguise de preto tódalas incidencias doproceso autonómico, que as Deputacións teñen o deber de facer algo máis, como aconteceuen Cataluña e Vasconia. E tamén debe saber que a propaganda autonomista, nas súas grandesliñas, non ha de facerse a base de minuciosos datos económicos que teñen máis ben relacióncoa mecánica da implantación do réxime autonómico que coa previa propaganda plebiscitaria.A autonomía é algo máis ca unha cuestión económica. Ten un aspecto políticoe democrático que ha de ser base fundamental da propaganda estatutista que se fundaría igualmentesobre a necesidade de que Galicia se libre do desgoberno que padece baixo o réxime centralista, pero quetamén poña de relevo os múltiples problemas que o Estado Central formula a Galicia e os constantesperigos que ameazan o seu benestar.

Para isto existen datos máis que suficientesque poden recollerse e ordenarse en poucos días cousa que faría o Comité Central de contarcon apoio económico. O propio señor Insua declarou nunha reunión do citado Comité queo proposto tratado con Uruguai era un agravio a Galicia que debía empregarse para crear un ambiente pasionalautonomista. ¿Que fixo o partido ó que pertence para aproveita-lo estado de ánimo creado poreste e outros problemas e orientado por un camiño autonomista? Quizais non poida facelo un partido ligadoá política nacional, pero non salva a súa responsabilidade alegando unha falta de datos quenon existe.

Nin, noutro aspecto, depende de cifras a propagandaautonomista. O Estatuto está redactado con tal claridade na parte que a facenda se refire que basta a súalectura para ver que Galicia sairía beneficiada coa súa implantación, posto que o Estado cederíaá rexión o custo dos servicios transferidos, a parte de débeda que se emita correspondenteó número dos seus habitantes, e bens públicos que pasarían da propiedade do Estadoá de Galicia. Calquera futuro aumento de contribucións sería para a creación ou mellorade servicios en Galicia, e non como sucederá de non haber autonomía –o mesmo que no caso da débeda–para que o Estado central distribúa o seu importe como lle praza, e é de supor que, seguindo normastradicionais, con preferencias para outras rexións. O único gasto novo sería o que supóna creación dun goberno rexional, cuberto en grande parte pola supresión de deputacións e gobernoscivís e pola simplificación da burocracia. Sen contar con novas fontes de riqueza creadas en Galiciagracia ó progreso e evolución económica que a autonomía posibilitaría.

¿Fan falta folletos e copiosos datos económicospara demostrar todo isto?¿Non sobrou tempo para reunilos?¿Pode xustificarse con ese pretexto un novoaprazamento do comezo da campaña autonomista? Creo que non. O único necesario é que unha organizaciónpolítica teña eficacia, SINTA realmente a autonomía e teña liberdade para actuar comopartido netamente galego. Porque o Partido Galeguista vén realizando precisamente ese labor desde hai unano e medio, con datos económicos suficientes á súa disposición, a pesar da súarelativa carencia de medios económicos. Se outras organizacións o secundaran, coa eficacia que asúa preponderancia política corresponde, a autonomía xa sería unha realidade.

Pero agora, por neglixencia e abandono doutrospartidos, o Estatuto xa carece de vitalidade política. E a campaña galeguista ten que adquirir outrocarácter. Non será xa a defensa dun Estatuto morto senón a demostración cotiádos prexuízos que Galicia sofre e sufrirá baixo o centralismo, prexuízos dos que seránacusados como responsables os que non fixeron nada por lograr unha autonomía que servise de defensa da nosaterra. De tódolos agravios que Galicia reciba, de tódalas inxustizas que padeza, serán culpablesos que non a dotaron dun medio de defensa, cando estaban en poder de facelo. Serán os traidores a Galiciaconstantemente sinalados ante un pobo que algún día reaccionará, nun estado verdadeiramentepasional contra todo o que representan. E entón non valerán os pretextos que hoxe empregan para desculpa-lasúa inactividade os partidos e os homes que queren oculta-la súa ineficacia política e a súaabsoluta mentalidade para a terra que oficialmente representan.

P. R. Castro.