1933/10/05 > As deliberacións do IX Congreso de Nacionalidades Europeas

1933/10/05 > As deliberacións do IX Congreso de Nacionalidades Europeas


‘Las deliberaciones del IX Congresode Nacionalidades Europeas’. El Pueblo Gallego, xoves 5 de outubro de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


No IX Congreso de Nacionalidades Europeas,reunido en momentos dramáticos da vida internacional, xuntáronse grupos representantes dos gruposbúlgaros de Iugoslavia e Romanía; alemáns de Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Dinamarca,Checoslovaquia, Hungría, Iugoslavia, Romanía e Italia; xudeus de Estonia, Letonia, Lituania, Polonia,Checoslovaquia, Romanía e Bulgaria; iugoslavos de Italia; eslovenos de Austria; croatas de Austria; lituanosde Polonia e Alemaña; ucraínos de Polonia e Romanía; húngaros de Checoslovaquia, Iugoslaviae Romanía; rusos de Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Checoslovaquia e Romanía; suecos de Estonia;checoslovacos de Austria; eslovenos de Hungría; cataláns, vascos e galegos de España.

Non están reflectidos nesta lista os problemasde nacionalidades que en Europa existen. Pero é bastante ampla para impresionarnos e facernos reflexionarsobre estes chamados Tratados de Paz, feitos sen ter en conta as verdadeiras realidades de Europa, que deixaronsometidos a Gobernos de raza e cultura alleas a máis de corenta millóns de cidadáns do nosocontinente, situados nunha ducia de Estados. O contacto persoal con este organismo internacional, que trata derectifica-los erros cometidos polos estadistas europeos, fai sentir cunha nova intensidade a traxedia de Europa,encadeada por vellos prexuízos que impiden resolver estes problemas, que en si non teñen nada deinsolubles, se se encaran cun inmenso da humanidade e civilización. Problemas que han de resolver antesde que Europa poida chegar a unha era de paz e cordialidade.

Aquí temos ante nós tódalasfacetas das cuestións nacionalistas. Grupos, como os de Estonia, que asisten por solidariedade, cos seusfamiliares problemas resoltos xa por un Estado culto e progresivo. E no outro extremo grupos como os ucraínosde Polonia que veñen queixarse de opresións, persecucións, intentos de extremismo de Comunidadesás que non se concede a máis mínima posibilidade de vivi-la súa propia existencia.

O Congreso de Nacionalidades Europeas non é,como crían seguramente algúns adversarios nosos, unha agrupación de movementos nacionalistasque se xuntan para traballar e conspirar contra os Estados constituídos. Lonxe diso, aspira a que os problemasminoritarios se resolvan precisamente dentro dos Estados, sen chegar á desmembración. Procura orienta-lassúas discusións e redacta-las súas resolucións en termos xerais, sen alusióndirecta a un país determinado. É unha agrupación para o intercambio de ideas acerca de problemassimilares que se formulan en diversos Estados, para buscar a través da solidariedade unha maior eficaciae unha defensa contra a persecución. Non ten como misión a formulación de problemas nacionaispolíticos, senón a de procurar que as minorías nacionais sexan respectadas polos Estados,sobre todo no que se refire ó idioma, o ensino, a relixión, os costumes e a cultura. Ningúnorganismo pode contribuír máis eficazmente á paz europea, á harmonía dentrode cada Estado e á convivencia de tódolos cidadáns sen distinción de raza, idioma ourelixión.

É interesante notar que a pesar deste carácterdo Congreso, alleo a todo movemento político, unha das súas resolucións máis importantesfoi a que fai constar que a autonomía territorial é o medio máis adecuado de resolve-los problemasminoritarios, cando se trata de minorías que ocupan, en masa compacta, un territorio definido. Velaíalgo que se relaciona directamente co problema de Galicia e vén a confirmar, coa máis alta autoridade,a posición do movemento galeguista.

E tamén merece salientarse, como criteriodun organismo internacional de tan elevado perigo –se ben non confiamos en que teña repercusión entrenós– a resolución que se refire á necesidade de que o exercicio da relixión sexa nalingua materna dos fieis.

Outros acordos, que non teñen relacióndirecta con nós, son referentes ó problema dos xudeus alemáns, que piden que nos casos de’desasimilación’ nacional se respecten os dereitos e liberdades das minorías, o que fa resaltar asproposicións da traxedia que atravesan os ucraínos de Rusia, ameazados de extinción pola fame;e finalmente en chamamento á Sociedade de Nacións, reclámase dela unha maior actividade eeficacia en relación coas cuestións minoritarias.

Discutíronse tamén, entre outrosasuntos, a persecución dos ucraínos de Polonia, e a situación das minorías búlgarasen Romanía e Iugoslavia.

Non é doado, nin ten sempre resultadosinmediatos, o labor dun Congreso de Nacións, cuns acordos que han de ser transmitidos precisamente áSociedade de Nacións, relegada en grande parte polos Estados que teñen problemas desta índolenos seus territorios. Non faltan sen embargo os que alí defendan os dereitos das minorías, aíndaque os resultados prácticos non sexan sempre satisfactorios. Este ano, cando menos, as deliberaciónsdo Congreso tiveron unha repercusión inmediata na Sociedade de Nacións, cunha Asemblea que, candose escriben estas liñas, se está ocupando das minorías na Alta Silesia, da persecucióndos xudeus, do problema dos alemáns refuxiados no estranxeiro e da petición de auxilio feita polosgrupos ucraínos para os seus irmáns que perecen de fame en Rusia.

E, o que é aínda máis importante,anúnciase a elaboración dun Convenio Internacional que asegure protección e liberdade a tódoloscidadáns dun Estado, sen distinción de raza, idioma ou relixión.

Vemos, pois, que non foi ineficaz o labor dasagrupacións de nacionalidades europeas, que gracias á solidariedade conseguiron resultados que seríaninalcanzables para unha minoría illada.

Noutro artigo veremos o que para Galicia representaa incorporación a este movemento internacional europeo.

P. R. Castro.