1933/10/10 > Galicia, nacionalidade europea

1933/10/10 > Galicia, nacionalidade europea


‘Galicia, nacionalidad europea’. ElPueblo Gallego, martes 10 de outubro de 1933.
Traducción ó galego de DanielLandesa Porras.


Aínda que un acertado editorial publicadonestas columnas xulgou xa con exactitude a significación do ingreso de Galicia no Congreso de NacionalidadesEuropeas, convén tratar de novo esta cuestión especialmente para que non poida servir de pretextoa torcidas e mal intencionadas interpretacións, como as que algún adversario xa fixo públicasna Prensa.

Sabemos, primeiramente, que a posiciónde Galicia no citado Congreso ten un carácter especial, posto que non forman parte, como sucede no casoda maioría das nacionalidades que o integran, dun estado ligado por compromisos internacionais respectoós dereitos das minorías.

É igualmente esencial lembrar que o Congresonon é un organismo para fomentar movementos políticos nacionalistas dirixidos contra os actuais estados,senón que procura soluciona-las cuestións minoritarias dentro de cada Estado. A isto débeseque a declaración galega non fora formulada no aspecto de Galicia como nación, senón que aludaó pobo de Galicia como nacionalidade, con idioma, cultura e costumes propios, que deben merece-lo respectoe o trato que hoxe se admiten internacionalmente como norma dos pobos progresistas.

Non foi, pois, Galicia ó Congreso a buscarapoio para un movemento político, nin coa idea de atopar axuda neste terreo, posto que ha de resolver, necesariamente,por si mesma o seu propio problema nacional. Salvo no caso, non imposible, de que en España chegue a imperarunha reacción unitaria e imperialista, que utilice contra o movemento nacionalista galego procedementosopresores e persecutorios. Nesas circunstancias si sería lícito e admisible consegui-lo auxilio moralda opinión internacional contra transgresións das máis elementais normas democráticas,como o fixo Cataluña durante a dictadura.

¿Cales son entón os resultados daincorporación de Galicia ó Congreso de Nacionalidades Europeas? En primeiro termo, o máisimportante de todo é o recoñecemento por unha organización internacional, integrada por representantesde corenta millóns de europeos, pertencentes a catorce nacionalidades, de que o noso pobo constitúeunha nación. E neste aspecto non é o fundamental a mera fórmula de acudir ó Congresoe presentar unha declaración. O importante foi a previa investigación realizada na nosa terra polosecretario xeral do Congreso, coñecedor de tódolos movementos nacionalistas de Europa, que se convenceuplenamente de que o nacionalismo galego non é unha ficción idealista, senón a auténticaexpresión das realidades de Galicia. Investigación que, por certo, non foi do agrado do Goberno español,pero que, por moito que lle pese a algúns, galegos ou non, xa propiciou un efecto que non se pode desvirtuar.Calquera que sexa o réxime político en que Galicia viva, a nosa terra autónoma, ou non, estáxa proclamada moralmente como unha nación.

Outra constante aspiración do galeguismo,que aínda que pareza estraño ós que nos chaman separatistas é a da universalizaciónde Galicia. Acharase agora notablemente favorecida. Universalización en dobre sentido, posto que por unlado podiamos soster constantes relacións con numerosas nacionalidades europeas e estar informados acercada súa vida e os seus problemas, con tanta frecuencia semellantes ós nosos, complemento do contactoxa establecido, e que debemos intensificar, cos pobos célticos e lusitanos. E, por outra parte, comezaráa ser coñecida no mundo a personalidade característica de Galicia, cando a súa futura actuaciónno Congreso e a través de diversas publicacións vaia dando a coñecer o noso pobo e os seuspeculiares problemas, como xa aconteceu con motivo do seu ingreso no Congreso de Nacionalidades Europeas.

Debe igualmente facerse resalta-lo interese queencerra a participación e colaboración no Congreso das tres nacionalidades ibéricas, unidasxa en España por medio de ‘Galeuzca’, a cal concede ós nosos respectivos movementos nacionalistasun carácter e unha significación ante o mundo, no que se refire á estructuración deEspaña, que illadamente non terían.

A declaración galega, feita de maneiraque reservase ó pobo de Galicia a absoluta liberdade de dispor dos seus propios destinos, fai patente, senembargo, con enteira claridade o espírito universalista do nacionalismo galego, apartado de todo separatismoposto que afirma a nosa vontade de colaboración cos outros pobos que habitan España e de formar partedunha Federación, calquera que sexa a súa amplitude. Federación hispánica, ibérica,europea ou mundial, con todas se declara compatible o nacionalismo galego. Ningún movemento nacionalistaafirmou con tanta claridade o seu espírito de franca fraternidade universal, e debemos celebrar que tiveseesta ocasión de expresalo ante a opinión internacional.

Abondan estas consideracións para dar unhaidea da significación desta nova actividade do galeguismo. Apuntemos, para rematar, soamente dúascousas. Primeiro, que o galeguismo ten un amplo concepto da sucesión dun partido que excede o que posúenoutras organizacións políticas, e do cal ten dereito a sentirse orgulloso. E, finalmente, que Galicia,porque é galega, polos seus propios méritos, conseguiu ocupar un posto que non estivera óseu alcance se se conformase con ser un anaco da ‘España grande’. É dicir, que Galicia, sendo galega,é máis universal e ten máis personalidade que se perde a súa identidade nun estadoespañol uniforme.

P. R. Castro.