1962/08/19 > O noso e o dos outros

1962/08/19 > O noso e o dos outros


‘Lo nuestro y lo demás’. Faro de Vigo, 19/08/1962.


Atopámonos novamente nesta grata épocacume do verán, cando o son de bombas e o brillo de fogos de artificio pregóannos a constante sucesióndas festas que se celebran ó noso redor. Dubido que en ningunha zona do mundo, como nesta comarca arousá,coa súa profusión de veciñas parroquias sede durante unhas semanas de tal impresiónde diversión popular, sinxela se se quere pero que revela algo moi distinto da dun tanto tópica melancolíagalega. Dicíame por certo un recente e algo humorista visitante estranxeiro, que vén de pasar unhatempada entre nós, que cando lle chegase o tempo de xubilarse gustaríalle vir a vivir a Galicia,montar unha industria pirotécnica, que lle parecía un bo negocio, comer animais inferiores, ou sexamariscos -é biólogo- e saír polas tardes cunha vaca para levala a pastar polas corredoiras.Non sería de todo un mal programa, e o traio a conto non soamente porque me fixo gracia, senón porrevelarnos que non todo o mundo vén a España ou a Galicia para mercar castañolas, ir óstouros ou bailar o ‘twist’.

Xorde sempre por este tempo a controversia entreos partidarios da gaita e os afeccionados á orquestra de baile con altofalante, tomando estas dúascousas como símbolos de gustos opostos. Nos comentarios xornalísticos non hai dúbida de quevence o noso instrumento ancestral, pero nas preferencias da nosa xuventude actual é igualmente claro quedomina a preferencia por ritmos exóticos. Eu non creo, sen embargo, que exista entre ambas manifestaciónsunha absoluta incompatibilidade. Como en tantas cousas da vida, a solución ideal é a tolerancia,a convivencia. Estamos en tempos de intercambio de influencias, de penetración inevitable de cada paíspolos costumes e gustos doutras terras. Pero xamais debe ser con exclusión ou con despezo do propio. O nosonon será tan só o que nos chegue máis a dentro, senón aquilo que en maior grado farágozar a quen nos visite.

Non se pode no mundo de hoxe restaurar un ‘folclorismo’simulado que sería un tanto falso. Pero si conservar o que existe e dignificalo levándoo óterreo da arte. Recibir o que o mundo exterior nos ofrece, pero brindarlle tamén o noso. Contribuíra que non se vaia a crear un mundo monótono habitado por seres uniformes nos seus gustos e manifestacións.

Ás veces os amantes das nosas peculiaridadesgalegas chegan a sentirse un pouco desanimados ante a sinxela adaptación das nosas xentes ó que nosvén de fóra. Non cabe dúbida de que o galego posúe certa aptitude camaleónica,o cal pode incluso, en certas circunstancias, ter o seu mérito. Non penso sen embargo que debamos sentirnospesimistas. Aínda non hai moitos días, que nunha festa ‘viquinga’ na que floreceu o máis sanhumorismo e se pasou mellor que en moitas solemnes e cerimoniosas ocasións, quedou no ánimo un recordomáis ben serio e certamente reconfortante. Ante este digno perfil ritual que teñen os nosos melloresgaiteiros -en contraste co epiléptico das orquestras ó uso- non faltaron homes e mulleres que souberanbailar como é debido a muiñeira ancestral. Pero, e isto é o que importa e emociona, óseu carón unhas diminutas parellas infantís, espontaneamente, intentaban imitar os complicados pasos,coa especial e efémera gracia dos seus escasos anos, quizais contables nos dedos dunha man. Non faltarán,pois, continuadores. Espero que outro tanto aconteza en tódalas festas da nosa terra.

P. R. Castro.