1965/06/12 > Posdata a un comentario lírico-deportivo

1965/06/12 > Posdata a un comentario lírico-deportivo


Farode Vigo, 12/06/1965.


Nas páxinas de "Arte e Letras" destexornal pubricáronse fai pouco uns comentarios meus encol dos himnos e cancións nacionales, patrióticospara expoñer que non son sempre os solemnes acordes oficiales os que mellor expresan os sentimentos fondosdun pobo, que mooitas veces atopan o seu reflexo íntimo nas verbas dun poeta axuntadasa unha músicatradicional, especialmente en aquelestempos nos que as arelas de libertade nacional, baixo o dominio dun gobernoalléo, aconsellan a comenencia de esconder tales anceíos tras un disfrace lírico.

O orixen das moñas ouservaciónsnon era precisamente poético, xa que xurdía do equívoco prantexado pola Banda Municipal deSevilla cando tocóu, en logor do himno oficial irlandés, denantes do escontro, España-Eire,unha canción tradicional irlandesa, con letra de Thomas Moore, aínda que non aquela do mesmo poetaque durante máis de cen anos foi a recoñecida manifesto musical do patriotismo de Irlanda.

Tiven a sorte, que non sempre se oferece na traduciónda poesía, de que me fose posibre facer unha versión galega do poema de Moore "The MinistrelBoy" que se axustaba esaitamente á melodía orixinal. E citei de pasada outra canciónpatriótica do mesmo poeta que somentes diante da anterior pode considerarse como ocupando un logar secundario,ousexa a sua "Arpa de Tara". Non esgadín unha tradución deste poema por non alingar demaísaquel artigo, e tamén polo feito de facerse máis dificíl a sua versión galega e sobretodo o coordinála coa correspondente melodía.

Penso, porén, que unha versión galegadeste poema pode ter algún intrés para aqueles leitores nosos que pensen que todo o que nos aporteun reflexo da eisistencia íntima de outra terrra irmá do mundo céltico é dino de serrexistrado e comunicado. Por eso e porque xa fai pouco falei do tema, quixera oferecerlle a quen poida interesarllleunha recreación galega da líriva eisaltación potriótica quen fai máísdun século creóu Tomas Moore para a sua Irlanda amada… (Tara foi craro está, a sede da cortedos antigos reises de Eire.)

A arpa que antano nas salas de Tara
da música a alma vertía,
pendúrase muda nos muros de Tara
cal si aquela alma fuxira.
Así se finou i tremere da groria,
e durme de outrora o orgulo,
e os bós corazóns que batían na lóa
non sinten xa máis aquel pulso.
Pra os xefes e as damas brilantes xa hoxe
a arpa de Tara non se inza,
o acorde senlleiro que sóa n a noite
só conta unha historia de ruína,
Así a Liberdade ben pouco hoxe esperta,
e o seu latoxar só se sinte
si algún corazón, indignado reventa
en proba de que Ela inda vive.

P. R. Castro.