Bases do Premio de Tradución Plácido Castro 10ª edición

Bases do Premio de Tradución Plácido Castro 10ª edición

1. Participarán na convocatoria da décima edición do Premio de Tradución Plácido Castro tódolos tradutores que teñan publicada en www.bivir.com algunha obra traducida ao galego no ano 2010.

2. O xurado do Premio estará composto por cinco membros pertencentes ou designados por cada unha das seguintes institucións: Asociación de Tradutores Galegos (ATG), Fundación Plácido Castro, Real Academia Galega, Departamento de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo e Administración Autonómica. Actuará como secretario do Premio con voz e sen voto un representante do IGADI.

3. O xurado terá en conta fundamentalmente os seguintes criterios: calidade da versión, criterios de lectura e interpretación do orixinal, relevancia da obra nas culturas de orixe e chegada e adaptación ó destinatario.

4. O xurado dará a coñecer de inmediato a identidade dos premiados e fará públicas as razóns nas que se fundou para a concesión do Premio.

5. O premio consistirá nun diploma e nunha peza escultórica deseñada expresamente para o evento, obra de Xaquín Chaves.

6. A entrega do Premio celebrarase na vila de Corcubión na data sinalada polo xurado.


A Fundación PLÁCIDO CASTRO constituíuse para reivindicar a figura, a obra e o pensamento de Plácido Ramón Castro del Río (1902-1967), atendendo á conservación e divulgación do seu fondo compromiso con Galicia e cunha visión universalista do mundo. A Fundación dedica especial atención á difusión da súa obra artística e literaria, especialmente no campo da tradución, do pensamento e xornalística.

Integran a Fundación Plácido Castro os Concellos de Cambados, Corcubión e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Está presidida por Susi Castro Sineiro.

Fundación Plácido Castro.
Pazo de Torrado, Rúa Príncipe, 10 36630 Cambados (Pontevedra)
Tel: 986 543 987 . E-mail: info@igadi.org. Internet: http://www.igadi.org