Premio de Tradución Plácido Castro 16ª edición 2016

Premio de Tradución Plácido Castro 16ª edición 2016

Bases do Premio de Tradución Plácido Castro 16ª edición

A Fundación Plácido Castro da que forman parte os concellos de Corcubión, Cambados e Vilagarcía de Arousa, a Asociación de Tradutores Galegos e o IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional), convoca o Premio Plácido Castro de Tradución destinado a promover versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal, con especial atención á súa presenza en Internet e as traducións para o galego de obras doutras linguas.