Acta da reunión do xurado do Premio de tradución Plácido Castro 2017

Acta da reunión do xurado do Premio de tradución Plácido Castro 2017

Reúnese por medios telemáticos o 25 de maio de 2018 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa décimo sétima convocatoria, correspondente ó ano 2017.

O xurado está composto polos seguintes membros: D.ª Olga López (Xunta de Galicia), D. Fernando Moreiras (Asociación de Tradutores Galegos), D.ª Ana Luna (Departamento de Tradución da Universidade de Vigo), D.ª Marilar Aleixandre (Real Academia Galega) e D. Xulio Ríos (Director do IGADI), quen actúa en calidade de secretario do xurado, con voz pero sen voto.

O obxectivo deste premio é destaca-la calidade das traducións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual bivir publica periodicamente na súa páxina web http://www.bivir.com nunha iniciativa que pretende a un tempo colaborar no proceso de normalización da lingua do país e contribuír a enriquece-lo universo literario galego mediante a versión dos autores consagrados que escribiron noutras linguas.

Sendo que as bases da convocatoria do premio indican que no fallo do xurado se terán en conta a calidade da tradución galega, a relevancia para o noso sistema cultural da obra traducida, as dificultades intrínsecas da lingua de partida e a súa distancia cultural e a envergadura do proxecto de tradución, o xurado, tras as súas deliberacións, por unanimidade, acorda:

ÚNICO.- Deixar deserto o premio nesta XVIIª edición por non cumpriren as obras presentadas as bases establecidas.

E para que así conste, asínase a presente a 25 de maio de 2018.

  • Marilar Aleixandre
  • Olga López
  • Ana Luna
  • Fernando Moreiras
  • Xulio Ríos