Premio de Tradución Plácido Castro 1ª edición 2001

Premio de Tradución Plácido Castro 1ª edición 2001

Premiado: Lois Tobío e Valentín Arias

Acta da reunión do xurado

Baiona, 22 de decembro de 2001. Reúnese na Casa do Concello da vila de Baiona o 22 de decembro de 2001 o xurado do Premio de Traducción Plácido Castro na súa primeira convocatoria, correspondente ó ano 2001.

Bases

1. Este premio está dotado coa cantidade de TRES MIL EUROS. 2. Participarán nel tódolos traductores que teñan publicada na Biblioteca Virtual www.bivir.com algunha obra de literatura universal en galego.

Intervención de Xosé Luís Franco Grande na entrega do Premio

Vilagarcía de Arousa, 26 de xaneiro de 2002. Señoras e señores: Pídeseme que, como membro que fun do xurado que outorgou os premios deste ano, ou desta convocatoria máis ben, diga unhas palabras sobre eles, sobre os premiados ou sobre o que significan estes premios que se convocan anualmente digamos que baixo a sombra protectora e simbólica de Plácido Castro.

Intervención de Xulio Ríos na entrega do Premio

Vilagarcía de Arousa, 26 de xaneiro de 2002. Sr Alcalde, Sres representantes municipais dos Concellos de Cambados e Vilagarcía de Arousa, Sra Directora Xeral de Promoción Cultural, presidente do Xurado e da Asociación de Traductores, presidenta da Fundación Plácido Castro, Queridas amigas e amigos, Moitas gracias, en primeiro lugar, por asistir a este acto co que damos continuidade a esa senda iniciada onte mesmo coa III Conferencia Anual Plácido Castro, impartida desta vez por Ramón Villares e que versou sobre “Portugal e o galeguismo”, toda unha magnífica lección sobre a construcción da identidade e os seus referentes históricos fundamentais.

Intervención de Xulián Maure Rivas na entrega do Premio

Vilagarcía de Arousa, 26 de xaneiro de 2002. Sobre a traducción en Galicia “Longo sería facel-a historia do influxo das traduccións no desenrolo das literaturas”. (Plácido Castro, Lois Tobío e Delgado Gurriarán) Estas palabras pertencen ó limiar do libro Poesía inglesa e francesa vertida ao galego publicado en 1949 pola editorial Alborada de Buenos Aires.