Premio de Tradución Plácido Castro 2ª edición 2002

Premio de Tradución Plácido Castro 2ª edición 2002

Premiado: Xesús Riveiro Costa

Intervención de Francisco Fernández Rei na entrega do Premio

Cambados, 25 de xaneiro de 2003. Plácido Castro e as traduccións ó galego Quero manifestar, ante todo, a miña satisfacción por formar parte do xurado do II Premio de Traducción Plácido Castro, en representación da Real Academia Galega; e así mesmo quero manifesta-la ledicia que me produce estar na vila onde nacín e me criei, no salón de plenos da súa Casa do Concello onde nunca estivera, para intervir no acto de entrega dun premio de traducción ó galego co que se fechan os diversos actos do Centenario do galeguista que dá nome ó devandito premio.

Intervención de Xulio Ríos na entrega do Premio

Cambados, 25 de xaneiro de 2003. Sr Representante do Concello, Dignísimas autoridades, amigas e amigos, Benvidos a esta cerimonia de entrega do Premio de Traducción Plácido Castro que na súa segunda edición insiste en celebrar dobremente o natalicio do autor e a reivindicación dunha maior universalización da nosa lingua e cultura, non soamente a través dunha maior presencia no mundo senón da incorporación do mellor do universo literario ao noso idioma ata facelo igual de propio.