Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2003

Acta da reunión do xurado do Premio de Tradución Plácido Castro 2003

Baiona, 17 de xaneiro de 2004.

Reúnese na Casa do Concello da vila de Baiona o 17 de xaneiro de 2004 o xurado do Premio de Tradución Plácido Castro na súa terceira convocatoria, correspondente ó ano 2003.

O xurado está composto polos seguintes membros: Antón Santamarina Fernández (Real Academia Galega), Xulián Maure Rivas (Fundación Plácido Castro), Xesús Pablo González Moreiras (Xunta de Galicia), Xosé María Gómez Clemente (Asociación de Traductores Galegos), Ana Luna Alonso (Universidade de Vigo) e Alberto Álvarez Lugrís (Secretario da Asociación de Traductores Galegos), que actúa en calidade de Secretario do xurado, con voz pero sen voto.

O obxectivo deste premio é destaca-la calidade das traducións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual bivir publica periodicamente na súa páxina web www.bivir.com nunha iniciativa que pretende a un tempo colaborar no proceso de normalización da lingua do país e contribuír a enriquece-lo universo literario galego mediante a traslación dos autores consagrados que escribiron noutras linguas.

Sendo que as bases da convocatoria do premio indican que no fallo do xurado se terán en conta a calidade literaria da tradución galega, a relevancia para o noso sistema literario da obra traducida, as dificultades intrínsecas da lingua de partida e a súa distancia cultural e a envergadura do proxecto de tradución, o xurado, tras longas deliberacións, acorda:

Expresa-la súa satisfacción pola calidade literaria de tódalas traducións concorrentes.

Outorgarlle por unanimidade o premio Plácido Castro 2003 a Emma Lázare pola tradución deEugenie Grandet de Honoré de Balzac.

Establece-los seguintes finalistas: Xavier Rodríguez Baixeras pola tradución das dúas primeiras xornadas d’O Decamerón de Bocaccio e Sandra Sanmiguel Sousa pola tradución d’A besta na xungla de Henry James.

E para que así conste, asínase a presente en Baiona, a 17 de xaneiro de 2004.

Antón Santamarina, Ana Luna Alonso, Xesús Pablo González Moreiras (non compareceu), Xulián Maure Rivas, Xosé María Gómez Clemente e Alberto Alvarez Lugrís.