Premio de Tradución Plácido Castro 4ª edición 2004

Premio de Tradución Plácido Castro 4ª edición 2004

Premiadas: Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia

Intervención de Rosario Álvarez Blanco na entrega do Premio

A esta xa IV edición do Premio de Tradución Plácido Castro concorreron 17 obras verquidas ao galego, por outros tantos tradutores, os máis deles aínda sen un nome labrado neste campo profesional e artístico, mais augurio dun futuro moi esperanzador.

Intervención de Xosé María Gómez Clemente na entrega do Premio

Vilagarcía de Arousa, 25 de xaneiro de 2005. Hoxe en Vilagarcía, reunímonos para entregarlle o premio de Tradución Plácido Castro a Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia. Como presidente da ATG quero agradecerlle, en primeiro lugar ao Concello de Vilagarcia, o feito de que nos acolla para realizar este acto.

Intervención de Xulio Ríos na entrega do Premio

Vilagarcía de Arousa, 25 de xaneiro de 2005. Sr alcalde, autoridades, membros do Xurado, amigos e amigas, Quixera, en primeiro lugar, agradecer a hospitalidade do concello de Vilagarcía que, como é tradicional, sempre nos acolle con xenerosidade e afecto, expresión mais dunha colaboración habitual que ven mantendo de xeito activo e comprometido coa Fundación Plácido Castro dende a súa constitución, aquí mesmo, nesta vila, o 5 de abril de 2001.