Quen é Plácido Castro

Quen é Plácido Castro

O humanista liberal e cosmopolita que mellor simboliza a universalidade do nacionalismo galego.

Co meu agradecemento sincero para Susi Castro Sineiro, filla de don Plácido, pola valiosa axuda prestada (Xulio Ríos)

Retrato de Plácido Castro

Introdución

Pola orixe familiar, a súa inmensa cultura e peculiar formación humana, Plácido Ramón Castro del Río, cosmopolita militante, é, sen dúbida, unha figura senlleira do mundo galeguista. Portela Valladares dixo del que tiña "calidades de astro".

A primeira etapa británica (1908-1930)

Quizais por iso mesmo, Plácido foi enviado pola súa familia a cursar estudios fora de Galicia e de España, ó Colexio Scarborough de Glasgow, perto de Edimburgo, cando aínda tiña unha idade moi nova (ó parecer só contaba con seis anos).

O compromiso galeguista (1931-1936)

Nos anos inmediatamente anteriores á proclamación da República regresou a Galicia coa intención de participar na activa vida política de entón. Sempre estivo en contacto coa nosa Terra pero ata daquela tratábase dunha relación máis ocasional, directamente vinculada a estancias de verán ou a un propósito moi concreto (conseguir o título de profesor de Idiomas que tan útil lle resultaría posteriormente).

Da guerra ó exilio (1936-1948)

Plácido mantivo sempre un posicionamento moi claro en contra do fascismo e un coñecemento profundo da naturaleza dictatorial do nazismo. O nacionalismo galego é un nacionalismo de paz. Nada tiña que ver co nacionalismo de Hitler ou de Mussolini.

A segunda etapa británica (1949-1955)

Aquel suceso supón para Plácido a confirmación de que o seu lugar está fora de Galicia. Non está disposto a mudar de conviccións e precisa a liberdade. Fuxindo daquela atmosfera asfixiante, coa muller e os seus catro fillos decide irse a Lisboa, onde vive a súa irmán Hermitas.

Retrato de Plácido Castro con Cunqueiro

Os derradeiros anos (1956-1967)

Complexas circunstancias familiares supoñenlle un revés de tipo económico que lle obriga a abandonar Londres e regresar a Galicia. Xa cumprira integramente a pena de quince anos de inhabilitación absoluta que lle fora imposta en 1940.

Cronoloxía

1902 Nace en Corcubión o 25 de xaneiro. 1908 Inicia en Glasgow os seus estudios. 1919 Matriculase na Universidade de Glasgow para cursar estudios de Filoloxía Inglesa. 1923 Solicita a convalidación dos seus estudios adquirindo o título de profesor de idiomas.

Plácido Castro en 10 preguntas

Plácido Castro (1902-1967) é unha figura orixinal e singular no panorama galeguista de comezos do século XX.
Contén 10 subpáxina/s
A Plácido debeulle faltar algún premio en Londres ou en Glasgow. Esa vacina protexíao hoxe –no seu tempo, o galeguismo militante, infinitamente máis culto ca o do presente, soubo recoñecer a súa valía– contra esa outra cultura, tan prolífica en Galicia, que consiste en poñer etiquetas descualificadoras e propagalas. A orixe desta peculiar conduta, probablemente relacionada coa nosa baixa auto estima, ten que ver tamén co que poderiamos chamar a falta de mundo. (Foto: Plácido Castro na súa etapa de correspondente en Londres. ©igado.org).

Plácido Ramón Castro del Río (English Version)

Introduction This is how Plácido Castro was, modest in his vast knowledge, without flaunting it (Antonio Magariños). He was indeed born into a well-of family but was also well educated and humanist, open and sensitive to cultural and social issues.