Infancia (1902-1908)

Exposición - Infancia

Infancia (1902-1908)

Plácido Ramón Castro del Río naceu en Corcubión, no seo dunha familia acomodada e culta o día 25 de xaneiro de 1902. O seu pai, Plácido Castro Rivas, empresario de minas e armador de buques, foi vicecónsul de Suecia e Noruega en Corcubión, deputado liberal por A Coruña e un filántropo que dedicou unha grande parte da súa fortuna á realización de obras benéficas.