Galicia nas Sociedade das Nacións

Exposición - Galicia nas sociedade das nacións

Galicia nas Sociedade das Nacións

O máis importante cargo desempeñado por Plácido Castro no seo do galeguismo foi o de secretario de Relacións Internacionais, representando a Galicia no IX Congreso de Nacionalidades Europeas en setembro de 1933. Meses despois participa no Pacto de Compostela, onde se xesta “Galeuzca”. Durante este período, Plácido non deixa o seu labor intelectual, publicando artigos en diversos xornais e traducindo, en colaboración cos irmáns Vilar Ponte, ó Nobel W.B. Yeats. En 1936 participa moi intensamente na campaña a prol do Estatuto de Galicia.