O tempo de Plácido Castro

O tempo de Plácido Castro

Por Sylvia Gómez Saborido (Tempos Novos, febreiro/2002)

En xaneiro deste ano cumplíronse 100 anos do nacemento de Plácido Castro, xornalista, traductor, galeguista, humanista. No seu pensamento, e na súa posta en práctica logo, hai moito da historia contemporánea de Galicia. Por iso, e polo seu valor para o presente, é importante recupera-lo. Nesta tarefa traballa a Fundación Plácido Castro, impulsada polos Concellos de Cambados e Vilagarcía de Arousa, coa cooperación da Asociación de Traductores Galegos e mailo Instituto de Análise e Documentación Internacional, IGADI. As Conferencias Anuais Plácido Castro, o Premio de traducción que leva o seu nome, son algunhas das actividades que promove a Fundación, tentando recuperar un pensamento que permanece agochado á maioría entre os enormes contemporáneos Castelao, Bóveda, Pedrayo…

1. Inglaterra fíxome así: formación do pensamento político

É doado comprender que Castro, que é tan só un cativo de seis anos cando chega ó colexio escocés de Scarborough en 1908, quede progresivamente engaioladopola riqueza cívica e cultural da Gran Bretaña de principios de século, moi gransde política e moralmente no nivel da Ciencia Política clásica. Tan só un ano antes é publicado o “Bohemia in London” do mozo Ransome; a metrópoleé daquela un bulir de escritores, poetas, articulistas, dramaturgos e pintores que atrae a propios e estraños.

Enviado pola súa adiñerada familia, certamente anglófila por formación e ligazónscomerciais, deixa atrás un país esterelizado, “froito inevitable da política monárquica española, fomentadora interesada do analfabetismo, da ignorancia, da ausencia de civismo”, escrebe en 1931 para El Pueblo Gallego. Un país que pasa os moi modernizantes e decisivos anos 20, de 1923 a 1930, baixo a dictadura de Primo.

Na Universidade de Glasgow completa os seus estudios de filoloxía inglesa e, coma bo estudiantes, le e rele, trabando coñecementocos intelectuais da época e cos seus escritos que comeza, dende entón, a traducir ó galego. Beneficiario dunah educación privilexiada, hoxe e sobre todo naquel tempo, decántase, nun primeiro e decisivo intre, pola docencia, labor formativo que desenvolverá tamén fóra das aulas.

Cos petos cheos de bolígrafos e librotes, e coa actitude descartiana de quen mira moito, fala pouco e escoita o menos que se poida -non displicente, mais ben intelixentemente escéptica-, Castro experimenta a vivacidade da vida política e cultural británica, primeiro en Glasgow, logo en Londres: o Theatreland que á Covent Garden proporcióñalle as mellores estreas (traduce “Almas Brujas” de Linares Rivas ó inglés); Fleet, Street, o ritmo frenético das linotipias, ás que hega a máis puntual información mundial, que el remite a Galicia a través das súas Crónicas para El Pueblo Gallego dende o 27; nas súas viaxes a Irlanda, mil veces sentida antes dende Galicia polos vellos atlantistas, pondera as semellanzas coa patria galega, vella nación que rexorde, no caso irlandés. Dende a capital británica colabora cos seus artigos co Informaciones, de Madrid e , sobre todo, co Pueblo Gallego, de Vigo. Nas súas crónicas vase xestando , a través das súas reflexións en torno ós nacionalismos, o galeguismo internacionalista que desenvolverá logo na práctica, á súa volta a Galicia.

Non é difícil imaxinar a Plácido Castro nas súas paseatas londinenses cun certio aceno de complicidade, ó ir talas xa moi lonxanas pegadas do crego liberal Manuel Pardo de Andrade, “un galego establecido en Londres que quería abrrirlle-los ollos ós seus paisanos”, ou tralas do autor de “A Galicia” ou o “Hymno dos Povos”, o poeta e cronista muradán Francisco Añón, ó que o seu rebelde espírito levara a esa mesma acolledora cidade. Ou, xa postos a deixar corre-lo maxín, ¿non tentaría resolve-lo enigma da suposta viaxe a Londres dunmozo galegio chamado Manuel Curros Enríquez?

Realizando unha grande actividade coma xornalista e formándose avidamente na tradición humanista (teatro, pintura, poesía), é nesta primeira etapa británica (1908-1930), cando Castro desenvolve a súa concepción do nacionalismo, dun nacionalismo democrático, liberal, universalista e pacifista, principios que serán logo recollidos polo Partido Galeguista, adaíl do Estatuto. É, xa que logo, como reflexiona o seu biógrafo Xulio Ríos, unha “concepción interiorizada basicamente no exterior, derivada dun proceso individual de toma de conciencia política, con independencia dos agravios socioeconómicos ós que Galicia estaba sometida, e que para moitos constituía o cerne do seu apego a esta reivindicación” (“Anos de Plácido”, A Nosa Terra, 24/01/2002). Vía culturalista ou vía política , conflictos do nacionalismo galego que subxecen tamén no pensamento de Castro, que tomará o único vieiro posible cando a urxencia da Autonomía para Galicia non sexa xa “a aspiración sentimental duns cantos idealistas senón dunha urxente necesidade material da nosa terra. Necesaria nese sentido foino sempre (…)” (“Urxencia da Autonomía”. El Pueblo Gallego, 15/05/1932). Porque se ben o nacionalismo galego é, na súa concepción, un “volver ser”, unha forza de impulsos espirituais, galeguizadora e rexurdidora da tradición, é dicir, un galeguismo onde pesa máis o sentimento cós elementos materiais, Castro sabe que o centralismo restrinxea liberdade económica de Galicia, e os seus efectos “chegan, directa ou indirectamente, a tódolos aspecttos da nosa terra”. (“Colonia”, A Nosa Terra, 0902/1930).

Nos seus anos nas Illas, antes da súa esperanzada volta a Galicia nos anos, inmediatamente anteriores á II República, cando debrán implicarse personal e politicamente co proxecto galeguista, Castro vai desentrañando nos seus artigos as liñas fundamentais que están a forma-la súa concepción nacionalista a través da observación da vida política, do caso irlandés, e do admirado parlamentarismo británico. Os totems netamente británicos: ideoloxíaliberal (como a única que pode garanti-la independencia do individuo), demócrata (coa cidadanía como auténtico soprte os seus valores), antiautoritaria, progresista.

Pero serán os conceptos de Identidade e Universalismo os que mellor configuren a súa aportación ó galeguismo. Castro entende o nacionalismo coma unha formulación positiva, unha reivindicación e afirmación da propia identidade, exaltada coma unha riqueza colectiva. O uqe ennobrece, singulariza e, polo tanto, fortifica a Gran Bretaña, pequena nación en por sí, é o cultivo e defensa da súa tradicional identidade, que proxecta ó mundo na súa forma xenuína. Por suposto xa coñecemos a forma imperial que adopa a proxección británica no mundo, contemplada por Castro ó xeito paternalista do vello Kipling. Certamente un imperialismo que sabe face-las cosas é preferible ó que non as sabe facer.

Castro observa algo moito máis interesante na política interior que desenvolven os liberais de Londres en canto ás reclamacións nacionais irlandesas, galesas e escocesas: respeto; a conciencia se que a lealdade pasa polo recoñecemento e exaltación da diversidade, non pola súa negación. Nin o galés ten a menos intención de facerse pasar por inglés, nin o inglés o mira como se o fose, senón coma o galés que é. Ese elemento de respeto que, coma observa Fernando Pérez-Barreiro que, “sendo evidente nas relacións interpersoais, pódese transferir ás intercomunitarias” (“Plácido Castro e o problema político de Irlanda”, dec.2001). Agora ben, esta non é a situación en Galicia, onde décadas de centralismo caciquil, desidentificador e fondamente burrancán, aboaron a despersonalización de Galicia e, mesmo, a xenreira. O nacionalismo galego ha ser entón unnacionalismo renacente, cómpre “volver ser”. Ha se-la forza redentora, constructiva e dignificadora dun rexurdimento da esencia galega que reside, basicamente, na saudade coma forza espiritual. A galeguización rexenerativa cómpre desa vía culturalista, que salienta os valores tradicionais, lingüísticos, históricos, da que bebe necesariamente a evolución do galeguismo nacionalista.

Esa diferenciación será quen de abri-las portas do relacionamento con outras nacionalidades porque o nacionalismo é o punto de contacto co mundo. Este cerne de política exterior, baséase, en primeiro lugar, na forza do celtismo, chave de identidade e, por iso mesmo, de relación. O celtismo , coma elemento conformador do galeguismo, é o fío sentimental que une as nacións celtas (Galicia, Bretaña, Irlanda, Gales, Escocia…), creadoras dun sistema cultural propio, complementador dunha Europa que xa ten configuradas, en principio, as culturas eslava e mediterránea. Tamén a íntima saudade, forza eterna nda área céltica da antiga Gallaecia, actúa cara afora, coma vencelladora cos pobos lusitanos. Todas estas ideas desprégaas Castro en “La saudade y el arte en los pueblos célticos”, (imprenta de El Pueblo Gallego, 1928), ou nas úas colaboracións para a revista bonaerense Céltiga.

O internacionalismo de Castro, naconalismo cosmopolita antiuniformizador, está moi influenciado polo contemporáneo e intensísimo pulo do Dereito Internacional no seo da Sociedade de Nacións, adicado en tempo de paz a evitar outra Guerra; aparecen outros protagonistas: é a época do concerto dos pobos, dos pobos sen Estado. Fondamente pacifista, Castro observa que os conflictos máis esenciais da política internacional relaciónanse cos problemas de minorías e de autonomías, e cre nunha Espaañ “federación de nacións ceibes, e base do auténtico universalismo” (“En col do noso universalismo, A Nosa Terra, 25/07/1932), que ha resolver os seus problemas nacionais antes de dar consello a ninguén. “O nacionalismo , que os inimigos chaman separatismo, é o punto de contacto co mundo exterior” (“A política exterior de Galicia”, El Pueblo Gallego, 04/08/1933), e viría rexenerar a vida política española. A política exterior, coma prolongación da interior, coma relación respectuosa cos pobos do mundo, precisadun maior protagonismo cívico na súa fiscalización, xa que son os individuos os suxeitos da paz. Castro desconfía do comercio dos diplomáticos, esixe responsabilidades ós políticos que desatan os conflictos armados, non ós pobos. Queda aínda preto o Diktat, cando xa o fascismo comeza a extender o seu manto.

2. Aplicación práctica. O labor formativo do Partido Galeguista

Diciamos antes que Castro volta a Galicia no 31 coa proclamación da República, e coa firme intención de participar activamente na vida política. Xusto nese breve e máxico lapso de tempo na que a República espertou tantas grandes esperanzas entre os galeguistas que cargaban ás costas un longuísimo período de teorización.

Coma primeiro acto oficial de Castro, podemos sinala-la súa conferencia “O nacionalismo, credo moderno” organizada polas Irmandades da Fala, xa na súa etapa derradeira, na Coruña. De membro directivo das Irmandades integrase logo na dirección do Partido Galeguista, nunha etapa de activismo político que seguirá combinando co xornalismo comprometido en A Nosa Terra, El Pueblo Gallego ou Ser, e q paixón polo teatro (desa época é a adaptación de dous folk-dramas de Yeats feita para a editorial Nós xunto cos Vilar Ponte).

Lembremos que, mentres Castro traballaba dende a Gran Bretaña, a a medida que se ía intuíndo o esmorecemento da Dictadura, varios grupos iniciaban en Galicia a preparación dos cadros paar ocupa-la dirección política do país, chegado o momento. Nos intres nos que volta Castro, xa é claro que xurdira a a necesidade, tamén sentida dende o pobo, da creación dun partido exclusiivamente galego, tralo desplante á autonomía dado por Casares Quiroga e a falla de credibilidade e actitude caciquil do seu O.R.G.A, Organización Republicana Gallega Autónoma, Partido Republicano Gallego, PRG, dende 1932. É así que no Nadal de1931 fúndase en Pontevedra o Partido Galeguista coma unión de distintos grupos que xermolaban nas principais cidades, coma o Partido Republicano de Ourense ou o Partido Galeguista de Pontevedra, reuníndo, a través deles, a intelectualidade do país: sector do profesorado (Castelao, Otero Pedrayo, Filgueira Valverde, Carballo Calero, Dieste, o propio Castro); da avogacía e medicina (Francisco del Riego, Paz Andrade, Peña Rei…) ou da Administración (Alexandre Bóveda, Álvarez Limeses…). Desa reuniónn sae a sonada Declaración de Principios “Galicia é unha undade cultural, unha comunidade autónoma, comunidade cooperativa e célula de universalidade”. O PG vai loitar dende entón pola autodeterminación política dentro da forma republicana de goberno, sen “quebrantamento da solidariedade que nos avencella natural e libremente ó Estado español” (1932), levando o peso na elaboración do Estatuto e na súa plebiscitación.

Castro, que xa na Asemblea fundacional de Pontevedra, intégrase na Dirección, pasando á Executiva e substituíndpo a Bóveda en organización na II Asemblea (1932), e exercendo a Secretaría de Relacións Internacionais dende a III (1934), é consciente da necesidade de realizar unha intensa campaña de concienciación social, unha campaña de explicación, de formación, de ilustración, que faga agromar no pobo a conciencia galega e nacionalista: é así como a vía política precisará da culturalista. Nesta loita pola democratización, o PG chegará a celebrar ata cento setenta mitins nun ano “número que será seguramente superior ó dos comicios organizados por tódolos demais partidos xuntos”, subliña Castro en “Porvir do galeguismo”, El Pueblo Gallego, 15/09/1932.

Entrementres o PG continúa o labor formativo en prol da Autonomía, que é mil voltas ninguneada dende Madrid e dende sectores do republicanismo galego, prodúcense dous fitos, da historia contemporánea do galeguismo, nos que castro asumirá un papel protagonista. Castro ocupa, por formación e intenso coñecemento de idiomas, unha posición esesncial nas relacións que o PG mantivo cos medios estranxeiros. En setembro de 1933, e coma Secretario de Relacións Internacionais, representará ó partido en Berna no IX Congreso de Ncionalidades Europeas, onde presentará un documento, acompañado por unha memoria elaborada por Risco, no que reivindicaba o dereito innegable do pobo galego a dispoñer de si mesmo. Galicia será moralmente proclamada coma nación nesa reunión, mais infelizmente, a colaboración coa organización, nun principio vencellada á Sociedade de Nacións, farase imposible ó adopar esta características cada vez máis xermanófilas e desvirtuar así os seus contidos.

No 34 asínase o Pacto de Compostela, que dará orixe ó Galeuzka, alianza política qen orde a obter unha autonomía real formada por Galicia (PG), Catalunya (Unión Democrática e Acción Catalana) e Euzkadi (Euzkadi Buru Batzar e Nabara Buru Batzar). Castro, que forma parte da delegación galega, sempre contemplara a coordenación coas outras nacións ibéricas coma parte fundamental da política exterior de Galicia. Galeuzka non tivo continuidade entón, cando a República, a democracia, estaba en perigo. Moito despois recuperarase o proceso.

Continúa, entrementres, o proceso estatutario. Euzkadi e, sobre todo Catalunya, o encamiñan a paso firme. “¿Que agrada o señor Azaña?”, “aparente concesión dun decreto para a concesión dun decreto para a celebración duo plebiscito”, brama Castro nos sus artigos no 33. Ostrámites de elaboración do Estatuto fan que o PG teña que retira-las súas emendas para acada-lo acordo. Malia todo, “cando o silencio en torno ás reivindicacións de Galicia pode dar lugar a que quedemos sen Estatuto, é preciso mostra-la vontade de cumpri-los programas autonomistas e non perder oportundade de facelo” (“Programas e realidade”, El Pueblo Gallego, 18/0571932). Coma lembra X.R Barreiro Fernández na súa Historia de Galicia,(IV.Edade Contemporánea. ED.Galaxia) “o apoio a un Estatuto tan recurtado explícase somente en razón de fixar unha primeira base para a consecución dunha determinación que ben sabían estaba aínda moi lonxe”.Para non perde-lo carreiro do Estatuto o PG ten que optar a prol da Fronte Poular, pero a crise interna é moi aguda. Xa no 32 afirma Castro que a loita proseguirá unha vez conseguida a autonomía, que é un medio, non un fin, “en primeiro lugar porque non vai ser o que nós quixeramos” (“Porvir do galeguismo”,El Pueblo Gallego, 1570971932). Xa no 33 escrebe “a parte que no pode ser nacionalista a colaboración na creación dun Estatuto concedido polo Estado e non emanado da vontade galega” (“Estatuto e Nacionalismo”, ElPueblo Gallego, 17/08/1933).Quizais vallan estas verbas para clarificar a algún que a pertenza a unha Comunidade Autónoma, ente administrativo, é unha situación administrativa, non un orgullo. Resta un dos seus mellores artigos, “¿Nós Sós?”, EL Pueblo Gallego, 26/04/1933.”Os nacionalistas galegos tiveron a esparanza de que, unha vez implantada a República, se desenvolvería a vida política de Galicia nun ambiente de cidadanía superior á que coñeceran no antigo rexime”, comeza. Castro aposta xa por recobra-la enteira liberdade de acción, coa ruptura cos partidos hispano-galaicos que actúan na política nacional, polo traballo independente en prol do Estatuto, para procurar ser tan fortes coma para non precisa-la colaboración de ninguén. A aspiración autonómica inmediata só se fará coa colaboración de tódolos partidos, e o voto favorable de 2/3 do censo, mais a lexitimidade de se-lo que somos, a consecución da liberdade, a pureza do nacionalismo, parte agora dun “Nós Sós”-“Sinn Fein”.

Aprobado en referendo e entregado ó Presidente das Cortes o 15 de xullo do 36, o Estauto adquire grao parlamentario o 1º de febreiro de 1938 nas Cortes de Monserrat. Pero xa o erguemento fascista comezara o 18 de xullo do 36. Non entrará en vigor.

3. Despois da Guerra

Despois e durante a guerra, o PG manterase na clandestinidade ate a súa desaparición. A activa participación de Castro nos “actos encaminados a fomentar la situación anáquica en que se encontaba España”, resulta en 15 anos de inhabilitación absoluta, oito anos e un día de desterro a máis de 100 quilómetros de Muxía, máis multa de 25.000 pesetas, que cumpre primeiro en Vigo, logo en Lisboa, xa acompañado de familia propia.

A busca da liberdade de expresión levarao ó seu Londres en 1949, onde exrce coma locutor-redactor da BBC durante seis anos, na sección dos programas en lingua galega, española e portuguesa. No pequeno Galician Programme” (1947-1956), escóitase o galego prohibido aquí, nunha sección “orientada”, explica Ramón Lugrís na II Conferencia Anual Plácido Castro (Vilagarcía, 25 de xaneiro de 2001), nunca belixerantemente antifranquista; “neutralidade” e “obxectividae” británica manda, “antiespañolidade” dende aquí.

As circunstancias persoais fan que Castro torne a Galicia en 1956, para incorporarse coma profesor de inglés no Instituto Laboral de Vilagarcía. Tanto en Londres coma en Vilagarcía, a actividade xornalística non cesará (primeiro na en La Nación de Bos Aires, e o Jornal de Noticias de Porto, logo en Faro de Vigo, Diario de Pontevedra, EL Pueblo Gallego, La Noche), e intensificará a de traductor (premio das Federacións de Sociedades Galegas de Arxentina 1946; traducción de Os Rubaîgáit de Omar Khayyám en 1965). Morre en Cambados, o 17 de xullo de 1967.

Sylvia Gómez Saborido é investigadora do IGADI