Na idea de “progreso con identidade” radica, en boa medida, o cerne da reivindicación galeguista. Plácido Castro pillouna de contado. A súa particularidade entre os seus coetáneos radica en que chegou a ela a partires, sobre todo, da súa experiencia formativa británica, condicionándoo dende moi novo.
A exposición que estes días pódese visitar en Vilagarcía de Arousa a propósito da Irlanda de Plácido Castro brinda unha oportunidade excelente para considerar a forza do poderoso argumento irlandés no seu discurso e imaxinario intelectual.
“Un galego séntese aquí máis perto da súa Terra ca en moitas rexións que só distan de Galicia uns centros de quilómetros”. Así o cría Plácido Castro, quen con só 26 anos pisaba aquelas terras irlandesas na compaña do doutor Flower, a máxima eminencia en cuestións célticas do British Museum, achegándose con el até as míticas illas Blasket.
Xornada. Venres, 22 de febreiro de 2019 Inauguración: Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega Fátima Abal Roma, alcaldesa de Cambados Xulio Ríos, coordinador da ...
Revista eSmás (Verán 2017) Cumpríronse o pasado 17 de xullo os cincuenta anos da morte de Plácido Castro (1902-1967), unha figura a quen ese inexorable paso do tempo permítelle gañar proxección, solvencia e lembranza.
Plácido Castro foi detido na Coruña nos primeiros días que seguiron ao alzamento. Dende o cárcere insistiu en ver ao secretario da Falange, Pepe Trillo, a quen coñecía. Trillo non sabía quen era Plácido Castro pero si coñecía a Pachuco.
No seu número 8, correspondente ao segundo trimestre de 1965, a revista Grial publicaba a tradución de Plácido Castro (1902-1967) de As Rubáyiát de Omar Kayyam, astrónomo e poeta persa que viviu nos séculos XI e XII.
No universo do galeguismo e o nacionalismo, poucas figuras como a de Plácido Castro (Corcubión 1902-Vilagarcía 1967) ofrecen unha traxectoria e un pensamento tan orixinal. Galicia débelle aínda o recoñecemento que verdadeiramente merece.
Por Xulio Ríos (Praza Pública, 15/05/2012) Irlanda foi un referente esencial para os galeguistas do século pasado. Dende Otero Pedrayo a Risco pasando por moitos outros, Irlanda estaba en boca de todos tanto se falásemos de historia, de literatura, de arte, como, por suposto, de política.