Vilagarcía acolle a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución

Este sábado día 30, coincidindo co Día Internacional da Tradución, o salón de plenos do concello de Vilagarcía de Arousa acolle a entrega do Premio Plácido Castro de Tradución, que na súa XVIª edición recaeu en Isabel Soto pola obra Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti. A obra premiada, Fosca, é a máis importante de Tarchetti, […]

Isabel Soto, gañadora da XVI edición do Premio Plácido Castro de Tradución

A viguesa Isabel Soto é a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca, de Iginio Ugo Tarchetti. Isabel Soto é unha tradutora consolidada cunha longa traxectoria profesional. A obra premiada, Fosca, é a máis importante de Tarchetti, escritor italiano scapigliato. A scapigliatura foi un movemento artístico e literario desenvolvido no […]

A Fundación Plácido Castro presenta o libro “Verbas Atlánticas” este xoves en Cambados

O salón de actos de Exposalnés en Cambados acollerá este xoves ás oito da tarde a presentación de “Verbas Atlánticas”, o libro de poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducido por Plácido Castro. O acto contará coa presenza da editora do libro, Laura Linares Fernández, o concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, e o presidente da Fundación […]

Cambados acolle a entrega do XV Premio Plácido Castro de Tradución

O Concello de Cambados acollerá este venres 30 ás 12 da mañá o acto de entrega do premio Plácido Castro de Tradución, que chega á súa 15ª edición. Nesta ocasión, o galardón recae en mans dunha tradutora sueca afincada en Galicia, Marta Dahlgren Thorsell, pola obra Kallocaína, de Karin Boye. O xurado destacou o feito […]