Ao se cumpriren 95 anos da publicación de “La Saudade y el Arte en los pueblos célticos”, dende a Fundación Plácido Castro queremos recuperar este texto que no seu día representou un importante contributo para a definición dos contornos da identidade galega.
O estudo introdutorio elaborado por Antón Capelán Rei axuda a contextualizar o conxunto de variables que realzan tanto este traballo como as iniciativas de diverso tipo que na súa contorna daban conta dun momento histórico de especial esperanza para Galicia.
A fundación impulsa deste xeito ese afán permanente de poñer a disposición do público interesado as diversas manifestacións da obra de Plácido Castro.
O texto do autor pode ser consultado aquí: https://www.fundacionplacidocastro.com/obra/ensaios-e-outras-obras/la-saudade-y-el-arte-en-los-pueblos-celticos-1928