A Fundación Plácido Castro lamenta a morte do escritor Xosé Luís Franco Grande, quen foi un dos principais valedores e entusiastas da recuperación da figura do intelectual corcubionés.
Foi Franco Grande o promotor principal na Real Academia Galega da iniciativa para dedicar a Plácido Castro un Día das Letras Galegas.
Igualmente, era un asiduo das actividades da nosa Fundación: dende as conferencias anuais ata presentacións de libros, exposicións, etc. formando parte en máis dunha ocasión do xurado do noso Premio de Tradución.
A Plácido Castro uníao ideais compartidos, dende o galeguismo ao universalismo ou o humanismo, a admiración pola poesía e a cultura en xeral, e unha confianza inquebrantable no porvir da nosa Terra.
A Fundación quer trasladar as súas condolencias á familia e amigos.