Adiada a 2021 a XIXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución

Adiada a 2021 a XIXª edición do Premio Plácido Castro de Tradución

En virtude da situación que estamos a vivir por mor da pandemia da Covid-19, o Padroado da Fundación Plácido Castro decidiu por unanimidade adiar a XIXª edición do seu premio de Tradución.

A Fundación traslada os prazos fixados nas bases da convocatoria de 2020 a 2021, na seguridade de que isto permitirá unha difusión e xestión do premio en condicións adecuadas para garantir unha resolución sen contratempos da convocatoria.

Cambados, 23 de Xuño de 2020.