
O pasado sábado 28 de setembro, na Casa da Calzada en Cambados, procedeuse á entrega do XXII Premio de Tradución Plácido Castro que se concede a obras traducidas ao galego durante o ano 2023. O xurado, despois dunha difícil deliberación, decidiu adxudicar o galardón á obra As Iluminacións de Rimbaud publicado en Kalandraka e traducida a catro mans por Tamara Andrés e Oriana Méndez.
Ao acto acudiron máis de medio cento de asistentes entre os que se atopaban os membros do xurado, do Padroado da Fundación Plácido Castro e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García.
O premio outorgado a Tamara Andrés recolleuno Paz Castro da editorial Kalandraka, pois a autora lamentablemente non puido asistir por problemas de axenda. A pesar diso achegounos un texto de agradecemento que a editora, emocionada, leu á concorrencia: Unhas palabras de agradecemento.
Pola súa banda, Oriana Méndez amosou o seu agradecemento nunhas verbas tamén emotivas e sentidas seguidas con atención polo público asistente: agradecemento oriana méndez premio plácido castro
En breve, a Fundación Plácido Castro procederá á convocatoria da XXIII edición deste premio, todo un referente no eido da tradución en Galicia.