Memoria 2020

Memoria 2020

Esta é a Memoria de Actividades da Fundación Plácido Castro correspondente a 2020.

Presentación

O ano 2020 estivo marcado inevitablemente por la pandemia da Covid-19 e os seus efectos, que non foron poucos no mundo da cultura. A Fundación Plácido Castro tamén viu condicionada a súa previsión de actividades e moitas delas quedaron no tinteiro á espera de que en 2021 se dean as condicións idóneas para levalas a cabo.

  1. Conferencia Anual

O 24 de Xaneiro celebrouse en Nigrán a XXI Conferencia Anual sobre “Rara avis: Plácido Ramón Castro del Río e o liberalismo galeguista”, impartida polo profesor e investigador Xosé Luís Pastoriza Rozas. A actividade foi organizada en colaboración co concello de Nigrán (Pontevedra), culminándose a edición impresa co apoio da Deputación Provincial.

2.Premio de Tradución

A décimo novena edición, correspondente a 2019, foi aprazada por causa da pandemia e o fallo darase a coñecer en 2021.

  1. Convenios de colaboración con universidades galegas

No marco do convenio asinado coa Facultade de Xeografía e Historia da USC, Antón Chaves Otero realizou prácticas na Fundación. Por el contrario, non foi posible concretar a acción prevista coa Universidade de Vigo, no marco da colaboración educativa iniciada en 2019.

  1. Exposicións

As restricións impostas para combater a pandemia da Covid-19 impediron a exhibición das exposicións.

  1. Actas do seminario sobre A Irlanda de Plácido Castro

En colaboración co Instituto Galego da Historia, editáronse as actas do seminario celebrado en Vilagarcía de Arousa o 25 de xuño de 2019. O libro recolle as intervencións de David M. Clark, Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, Manuela Palacios González e Keith Payne. Conta cun limiar da autoría de Uxío Breogán Diéguez-Cequiel e Xulio Ríos.

6.Actas de Xornada co Consello da Cultura Galega

Editáronse en colaboración co Consello da Cultura Galega (CCG), as actas da xornada levada a cabo o 22 de febreiro en Cambados sobre Vocacións e ideais de Plácido Castro que contou coa participación de Laura Linares, María Jesús Lorenzo Modia, César Lorenzo Gil, Luís Álvarez Pousa, Xulio Ríos e Rubén Camilo Lois González.

  1. Colaboración co Centro Persépolis (Madrid)

A colaboración prevista co Centro Persépolis de Madrid debeuse aprazar por mor da pandemia do Covid-19.

  1. 8. Promoción da páxina web da Fundación e da presenza nas redes sociais

O plan de promoción da entidade para divulgar a figura de Plácido Castro nas redes sociais permitiu avances significativos. Dunha banda, o número de seguidores en Facebook ascendeu a 1.945 (antes 1.585) e fixéronse 110 publicacións. En Twitter, é de 462 (antes 401) e fixéronse 221 chíos.

Así mesmo, elaboráronse cinco breves videos centrados na traxectoria vital, dimensión política, tradutora, e xornalista, ademais da viaxe a Irlanda. O total de  visualizacións sumaron 16.300.

  1. Recensións de Verbas Atlánticas

Cabe significar a realización de recensións da obra editada por Laura Linares a cargo de Alberto Álvarez Lugrís (Hermeneus).

  1. Relacións Institucionais

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, a través do seu titular Valentín García Gómez, expresou o seu apoio a diferentes actividades da Fundación e nomeadamente a súa concordancia co proxecto de convertela nun referente para o mundo da tradución en Galicia.

  1. Reunións do Padroado.

O Padroado só puido reunirse fisicamente nunha ocasión ao longo do exercicio 2020: o 27 de Xaneiro. Ao longo do exercicio si se puideron manter intercambios por medios electrónicos, facilitando o cumprimento das obrigas estatutarias e administrativas correspondentes.

  1. Cambios no Padroado

Trala incorporación da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI), a Asociación de Tradutores Galegos procedeu a substituír ao seu representante, pasando a ser Raúl Gómez Pato. Tamén se incorporou Constantino Cordal Rodríguez, en representación do Concello de Cambados.

  1. Regulamento de usos e Fondo documental

Aprobouse o plan de usos da sede da Fundación e avanzouse singularmente na organización da documentación existente. Non obstante, a implementación da estratexia de dinamización da sede viuse afectada pola pandemia.

  1. Liñas de acción 2021-2025

Aprobadas telematicamente polos membros do Padroado, inciden no desenvolvemento de iniciativas en catro aspectos: a dimensión tradutora de Plácido Castro, a difusión e recoñecemento de Plácido Castro, a promoción da investigación arredor de Plácido Castro e o fortalecemento institucional da Fundación. 

  1. Outras actividades

Publicáronse en diferentes medios artigos divulgativos a propósito da figura de Plácido Castro.

  1. Balance económico

EXCEDENTE EXERCICIO 2020 ascendeu a 2 376,73 euros.

Fundación Plácido Castro, a 31 de decembro de 2020