A figura de Plácido Castro volveu a semana pasada á actualidade cunha dobre presentación do libro “Verbas Atlánticas” o xoves en Corcubión –vila natal do autor-, e o venres en Vilagarcía de Arousa.
Así, o Seminario 1 do Auditorio da localidade pontevedresa acolleu o venres pasado á tarde o acto de presentación do último volume publicado pola Fundación Plácido Castro, e que recolle unha selección de traducións de poesía británica, escocesa e irlandesa realizadas por Plácido Castro ao longo da súa vida.
No acto estiveron presentes a editora do libro, Laura Linares; a presidenta da Fundación, Susi Castro; o seu director, Xulio Ríos, e a concelleira de Cultura de Vilagarcía de Arousa, Sonia Outón.
Aquí vos deixamos unha selección de fotos do encontro.