
O convenio asinado entre a Fundación Plácido Castro e a Universidade de Vigo permitirá aos estudantes da Facultade de Tradución e Interpretación realizar prácticas curriculares centradas na investigación da dimensión tradutora do intelectual de Corcubión.
Serán prácticas de tres meses de duración na súa sede sita na rúa Nova 4 de Cambados.
A Fundación tamén acolle xa estudantes da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela no marco dun convenio semellante. Neste caso, as prácticas oriéntanse a labores relacionadas coa traxectoria política e a investigación histórica en xeral relacionada coa figura de Plácido Castro.
É intención da fundación asinar convenios de cooperación con máis universidades de Galicia e do exterior.
O texto íntegro pódese consutar neste enlace: