As paisaxes de Plácido Castro: Debuxos e acuarelas dos seus paraísos e desterros

As paisaxes de Plácido Castro: Debuxos e acuarelas dos seus paraísos e desterros

Grazas á iniciativa da Fundación Plácido Castro, e en colaboración coa Concellería de Ensino, Cultura e Patrimonio de Cambados, o EsPazo Torrado expoñerá unha selección de máis de 60 acuarelas e debuxos orixinais de Plácido Castro, o polifacético intelectual símbolo da universalidade do nacionalismo galego, (Corcubión, 1902- Cambados, 1967)

Lugares como Corcubión, San Sebastián, a Costa da Morte, Muxía, Coruxo e finalmente Cambados son pintados por Plácido Castro coma se dun diario de abordo, vital e emocional se tratase, onde atopamos o seu amor á paisaxe galega e en definitiva a Galicia.

ESPAZO TORRADO DE CAMBADOS

Do 23 febreiro ata o 14 abril 2024

HORARIO:

Martes a Venres: 11:30 -13:30 h // 17:00 – 20:00 h

Sabados:17:00 – 20:00 h

Domingos:11:30 -13:30 h

ENTRADA GRATUíTA

Arquivos anexos a descargar: