Brincadeiras Poéticas, nova obra publicada pola Fundación Plácido Castro

Brincadeiras Poéticas, nova obra publicada pola Fundación Plácido Castro

Este libro, editado pola Fundación Plácido Castro co concurso da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, reúne diversos poemas íntimos de Plácido Castro, quen sen querer recoñecerse como poeta sempre considerou a poesía a maior das artes.

A rigorosa contextualización da obra por parte de María do Cebreiro Rábade Villar axuda a entender o significado último desa exploración poética do noso autor.

A fundación agradece aos ilustradores e ilustradoras que de maneira cómplice se aviñeron a colaborar nesta proposta de edición achegando as súas orixinais contribucións artísticas a partir dun poema concreto facilitado pola coordinación desta edición, que correu da man de Jacobo Domínguez e Xulio Ríos.

A nómina está integrada por: Fernando Arenaz; Manuel Busto Magdalena; Manel Cráneo; Xaquín Chaves; Andrés López; Uxío López Romero; Xaquín Marín; Emérita Méndez; Pablo Otero Rodríguez; Viki Rivadulla; Olaia Sendón; José Vaamonde; Iria Ribadomar; Marcela Santorun; Xandre Otero; Miguel Pérez Ramudo;  Alberto Sineiro; Mariña Montero; e Pepe Carreiro.

Ao igual que acontece coa obra xornalística, de ensaio, tradutora, acuarelista, etc., esta dimensión poética de Plácido Castro infórmanos desa excelencia humanística que marcou, de principio a fin, a súa vida.

 

Arquivos anexos a descargar: